Xantar de Confraternidade da Terceira Idade | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra o vindeiro venres 9 de febreiro o Xantar de Confraternidade da Terceira Idade, unha cita anual para as persoas xubiladas maiores de 65 anos.

O xantar está previsto para 500 comensais e terá lugar o venres 9 de febreiro ás 14.00 horas no pavillón de Barraña con música e baile. 

O prezo da comida será de 25 euros e poderanse inscribir no mesmo prazo as persoas empadroadas e non empadroadas maiores de 65 anos ou que acrediten a condición de xubilación. Poderase efectuar o pago con tarxeta no momento da inscrición e tamén se poderá facer a reserva previa de mesa.

Para inscribirse é preciso o DNI de todos os solicitantes. 

 

Prazo de inscrición 

Do martes 30 de xaneiro ao martes 6 de febreiro en horario de 10.00 a 12.00 horas no 2º andar do Concello de Boiro. 

Muller e Saúde | Concello de Boiro

O Concello de Boiro desenvolve un novo ciclo do programa Muller e Saúde con actividades destinadas a informar formar en materia de saúde en asuntos que afectan ao benestar físico e emocional da muller.

  • Educación emocional. Técnicas de relaxación
    Luns 29 de xaneiro | 16.30 a 18.30 horas | Centro Social de Boiro 
  • Alimentación na etapa da menopausia
    Martes 20 de febreiro | 11.00 horas | Centro de Saúde 

Estas actividades desenvólvense coa colaboración do Servizo Galego de Saúde e en consonancia co cumprimento do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero.

As actividades do ciclo son gratuítas e requiren inscrición previa no Centro de Información á Muller (CIM) de Boiro mediante o enderezo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou o teléfono 981 84 48 00 ext. 1285.

Curso de autodefensa para mulleres | Concello de Boiro

O Concello de Boiro ofrece un curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas.

Data: sábado 13 de xaneiro 

Hora: 9.00 a 13.30 horas

Lugar: pavillón da Cachada 

 

Trátase dun curso de adestramento físico e psíquico para crear protocolos de actuación cara diversas situacións de violencia de xénero que se impartirá por monitores e monitoras de defensa persoal integrantes da Federación Galega de Loita. A formación está destinada a persoas maiores de 18 anos, de xeito excepcional para maiores de 16 con autorización.

A actividade lévase a cabo no marco do Acordo de Colaboración entre a Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Federación Galega de Municipios e Provincias de Galicia para a conformación dunha rede de entidades locais contra a violencia de xénero.

 

Inscricións

Dende o martes 26 de decembro no CIM de Boiro 

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

981 84 48 00

 

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O Fondo Galego é unha asociación de deputacións e concellos comprometidos cos Dereitos Humanos e coa loita contra a pobreza e as desigualdades a nivel global. Funciona como un espazo transpartidario e plural, inspirado pola vontade de consenso e colaboración. Os froitos deste traballo en rede contan co aval de institucións como a Fegamp e foron recoñecidos co Premio Consello Social UVigo-Humana da Universidade de Vigo.

Desde a súa constitución en 1997, o Fondo Galego ten apoiado uns 200 proxectos de cooperación para o desenvolvemento en máis de 30 países do Sur Global, entre os que destacan Nicaragua, Cuba, Perú, Cabo Verde e, nos últimos anos, outras zonas da África lusófona e os campamentos de persoas refuxiadas saharauís. Auga, vivenda, xénero, educación ou saúde son algúns dos eidos de actuación.

Outra das principais liñas de traballo da entidade é a sensibilización da veciñanza a prol da solidariedade internacional, a realidade dos países empobrecidos ou a equidade de xénero, co fin de promover o cambio cara sociedades máis xustas e inclusivas. Impúlsanse así diversas actividades de educación para a cidadanía global, que van desde exposicións e obradoiros ata teatro, concertos, charlas, etc.

Ademais, o Fondo Galego crea oportunidades de formación e intercambio de experiencias no eido internacional para o persoal político e técnico das administracións locais socias. Desde 2015, vén apoiando asemade a localización da Axenda 2030, pois progresar nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible fixados por Nacións Unidas é tamén avanzar na xustiza social e na protección do planeta.

#oglobalélocal

https://fondogalego.gal

www.facebook.com/FondoGalego

twitter.com/FondoGalego

www.instagram.com/fondogalego

Programa actividades 25N | Concello de Boiro

O Concello de Boiro, a través da Concellería de Política Social, programa actividades para conmemorar o 25N, Dia Internacional contra a Violencia de Xénero.

Programa actividades 25N

11.00h, Centro Social de Boiro - contacontos: "Contos pola igualdade", Raquel Queizás

11.30h, Centro Social de Boiro - proxección da curtametraxe "Lavadoiros" de Lois Patiño 

13.00h - lectura do manifesto institucional

19.00h, rúas de Boiro - charanca Bicoia 

 

Ademais deste programa de actividades específico, están previstas outras propostas durante o mes como a exposición de rúa nomeada “Visibilizando a violencia de xénero” que ten como finalidade convidar á reflexión sobre os comportamentos e formas de violencia machista vixentes na sociedade.

O Concello de Boiro participa tamén un ano máis na campaña DeFronte da Deputación da Coruña coa que se levan a cabo obradoiros e actividades e tamén a campaña “AgresiónOFF” coa que se reparte material divulgativo, ambas as dúas co obxectivo de achegar á sociedade a problemática da violencia de xénero.

|