Pleno extraordinario do 8 de agosto de 2024 | Concello de Boiro
O Concello de Boiro celebra o vindeiro xoves 8 de agosto ás 10.00 horas un Pleno extraordinario.
A sesión poderase ver en directo a través da canle de YouTube.
Orde do día da sesión:
- Aprobación definitiva do Orzamento do exercicio 2024
- Modificación da Ordenanza fiscal nº18 reguladora da taxa pola inmobilización, retirada e depósito de vehículos na vía pública.
- Aprobación do informe de seguimento do pacto das alcaldías polo clima e enerxía do Concello de Boiro.
- Plan provincial de cooperación. POS+ adicional 2024
- Modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto de bens inmobles
- Designación festivos locais 2025
- Prórroga convenio colaboración ATRIGA