Pleno ordinario do 30 de abril de 2025 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra o vindeiro mércores día 30 o Pleno ordinario correspondene ao mes de abril. 

A sesión poderase seguir en directo a través da canle de YouTube do Concello de Boiro

Orde do día da sesión: 

  1. Aprobación a acta da sesión anterior.
  2. Aprobación inicial da proposta da Relación de Postos de Traballo.
  3. Aprobación do proxecto básico e de execución a obra de Rehabilitación da Casa da Cultura de Boiro financiado pola subvención concedida mediante a orde TMA/178/2022 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de axudas para a rehabilitación de edificios de titularidade pública no marco do PRTR e delegación de competencias en materia de contratación do Pleno na alcaldía do Concello de Boiro.
  4. Convenio entre a Secretaría de Estado de Seguridad (Dirección General de la Guardia Civil) e o Concello de Boiro en materia de seguridade.
  5. Resolución de recurso de reposición presentado por Confederación Intersindical Galega (CIG) ante o acordo plenario do 21/11/2024.
  6. Expediente de recuperación de oficio da escola unitaria da Poza (San Mauro).
  7. Crédito extraordinario 1/2025
  8. Recoñecemento extraxudicial de créditos 1/2025
  9. Operacións de crédito
  10. Suplemento de crédito 1/2025
  11. Moción do grupo municipal do BNG sobre a transformación do campo da lomba.
  12. Moción solicitando á RAG homenaxear a D. Raimundo García Domínguez Borobó polo Día das Letras Galegas 2026.
|