Proceso selectivo: Técnico/a de Administración Xeral

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego, que permita nomeamentos interinos como técnicos/as de administración xeral. 

Consulta a lista provisional de admitidos e excluídos aqui

Prazo e presentación de solicitudes

PRAZO DE PRENSENTACIÓN DE SOLICITUDES PECHADO

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles a contar dende o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. 

Consulta aqui a publicación no BOP do 24 de decembro de 2020. 

As solicidutes deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Boiro, aberto de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 horas, ou a través da Sede Electrónica, dispoñible en https://boiro.sedelectronica.gal/info.0

 Requisitos das persoas aspirantes

- Ter a nacionalidade española.

- Posuír a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas.

- Ter cumpridos os 16 anos de idade e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa. 

- Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou órganos constitucionais. 

- Estar en posesión do título universitario oficial de grao, licenciatura, enxeñaría, arquitectura ou equivalente. 

Desenvolvemento do proceso selectivo

A selección farase mediante o procedemento de oposición que consistirá na realización de tres probas: 

1. Cuestionario de cen preguntas

2. Realización de supostos prácticos

3. Proba de coñecemento de lingua galega

O temario está a disposición das persoas interesadas nas bases da convocatoria.

 

|