Proceso selectivo: animador/a sociocultural
O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha listaxe para a contratación laboral temporal de animadores/as socioculturais.
O anuncio e bases da convocatoria publicanse no BOP núm. 76 do luns 26 de abril de 2021.
Os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual laboral temporal correspondente segundo se necesite no momento de realizar a contratación.
O número máximo de integrantes da lista será de 20 e o sistema de acceso vai ser mediante concurso-oposición libre.
Presentación de solicitudes
As persoas interesadas deberán presentar as súas instancias, no modelo que se engade como ANEXO e se pode descargar desta páxina, a través da sede electrónica do Concello de Boiro ou no Rexistro Xeral, en horario de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas.
O prazo de presentación de solicitudes será de CINCO DÍAS HÁBILES a contar dende o día seguinte ao da publicación do anuncio no BOP (entre o 27/04/2021 e o 03/05/2021).
Requisitos das persoas candidatas
- Ter a nacionalidade española ou algunha outra que permita o acceso ao emprego público.
- Ter cumpridos os 16 e non exceder a idade de xubilación.
- Non padecer enfermidade que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto de traballo.
- Non atoparse incurso en causas de incompatibilidade.
- Non ser despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración.
- Estar en posesión do título de Técnico Superior en Animación Sociocultural ou equivalente.