Proceso selectivo: 7 auxiliares Policía Local

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a contratación de 7 auxiliares de Policía Local que van desenvolver as función de auxilio aos membros do corpo da Policía Local. 

O Boletin Oficial da Provincia nº92 do 19 de maio de 2021 publica as bases da convocatoria. 

Os contratos de traballo formalizarase baixo a modalidade contractual laboral temporal. O sistema de acceso será mediante oposición libre. 

Relación provisional de admitidos/as exluidos/as, publicada o 03/06/2021, que pode consultarse aqui

Relación definitiva de admitidos/as excluidos/as, publicado o 18/06/2021, que pode consultarse aqui

As probas de estatura e a realización das probas de aptitude física serán o xoves 24/06/2021 ás 9.30 horas no Campo da Alta na Pobra do Caramiñal

 

Presentaciónde solicitudes 

PRAZO ABERTO

As persoas que desexen participar deberán presentar as súas instancias no modelo que se engade como ANEXO a través da sede electrónica do Concello de Boiro ou no Rexistro Xeral (de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas. 

O prazo de presentación de solicitudes será de DEZ DÍAS HÁBILES a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases no BOP. 

 

Requisitos dos candidatos

- Ser español/a ou nacional dun Estado membro da Unión Europea nos termos prevvistos na Lei do Estatuto básico do empregado público. 

- Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias do posto. 

- Ter cumprido os 18 anos e non exceder a idade máxima de xubilación. 

- Non ter sido condenado/a por delito nin separado/a do servizo de ningunha administación pública. 

- Estar en posesión do título de graduado en educaciónsecundaria obrigatoria ou equivalente. 

- Ter unha estatura mínima de 1,65 metros para os homes e 1,60 metros para mulleres. 

- certificado médico que faga constar que o/a aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias para a realización dos exercicios físicos. 

 

|