Oficina Consumo

OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN AO CONSUMIDOR (OMIC)

A Oficina Municipal de Información ao Consumidor, é un servizo de balde de información e educación do consumidor/a e usuario/a, que ten como obxectivo principal a atención, defensa e protección dos/as consumidores/as e usuarios/as dacordo ca lexislación vixente.

Así, a OMIC atende e tramita as queixas, reclamacións e denuncias dos/as consumidores/as, realizando as mediacións oportunas para a resolución dos conflictos.


Funcións:

  • Informar, axudar e orientar aos/ás consumidores/as e usuarios/as para o axeitado exercicio dos seus dereitos.
  • Indicar as direccións e principais funcións doutros organismos, públicos ou privados, de interese para o consumidor.
  • Recoller, rexistrar e acusar recibo de queixa e reclamacións dos/as consumidores/as e usuarios/as, e a súa remisión ás entidades e organismos competentes.
  • Realizar actos de mediación.
  • Educar e formar en materia de consumo.
  • Fomentar o asociacionismo dos/as consumidores/as para dar debido cumprimento ao precepto recollido no artigo 51 da Constitución, que insta ás administracións a fomentar e protexer ás Asociacións de Consumidores.

 

Contacto

Praza de Galicia, s/n. 15930. Boiro (A Coruña) Ed. Consistorial

981849960. Ext.280

981844800. Ext.280

981844008

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Instituto Galego de Consumo

Instituto Nacional de Consumo

Folla de reclamacións.pdf

Direccións de interese.pdf

 
|