Oficina Consumo

Vías de reclamación

A principal vía de reclamación en materia de consumo é:

Ø Sistema Arbitral de Consumo: Vía extraxudicial rápida, de balde e voluntaria que permite dirimir fácilmente discrepancias que poidan surxir entre o/a comprador/a ou usuario/a e o/a vendedor/a ou prestador/a de servizos.

Para iniciar esta vía, basta con rechear unha sinxela solicitude de arbitraxe e presentala ante a Xunta Arbitral de Consumo, a través da OMIC ou dunha organización de consumidores e usuarios. Na solicitude recollerase a reclamación onde se especificará claramente o que se solicita, aportando a máxima documentación relacionada cos feitos.

Unha vez admitida a trámite a solicitude, e aceptada a arbitraxe pola entidade reclamada, convocaráse ás partes á celebración dunha vista, á que deberán acudir con tódolos medios de proba dos que intenten valerse.

O laudo arbitral ou resolución que se dicte en dito procedemento, e que pon fin ao mesmo, será plenamente vinculante para ambas partes, podendo solicitar, en caso de non cumplirse voluntariamente o establecido no laudo, a súa execución xudicial, (Artigo 517 da Lei de Enxuiciamento Civil).

Ø Así mesmo é necesario sinalar que, as reclamacións pódense dirixir a outros organismos, que por razón da materia resultan competentes para coñecer do asunto, como por exemplo, á Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, á Secretaría de Estado de Telecomunicacións, ao Valedor do Cliente da Federación Galega de Caixas de Aforros, etc.

 

 
|