Aula para adultos

A Concellería de Educación do Concello de Boiro abre o prazo de inscrición para as aulas de educación secundaria de adultos para o curso 2019-2020. Estas ensinanzas para maiores de 18 anos que non posúan o título da ESO ofrecen a posibilidade de adquirir, actualizar ou complementar os coñecementos e aptitudes dos alumnos para o seu desenvolvemento persoal e profesional.

Entre os obxectivos específicos destas aulas están os de adquirir e actualizar a formación básica, mellorar a cualificación profesional, adquirir novos conceptos, técnicas e habilidades para unha adaptación ao mundo laboral actual. Os cursos son cuadrimestrais e o horario das clases van ser de 20:00 a 22:00h coa intención de que sexan compatibles coa xornada laboral.

A aula de educación de adultos do Concello de Boiro está adscrita ao IES San Clemente de Santiago de Compostela e o profesorado do centro desprázase a Boiro nas avaliacións. Ofértanse 60 prazas en catro módulos: 1º, 2º, 3º e 4º, podéndose realizar dous módulos  en cada curso escolar. Cada un dos módulos consta de diversos ámbitos: científico- tecnolóxico (matemáticas, naturais, física), ámbito lingüístico (galego, castelán, inglés ou francés) e sociais.

As persoas interesadas na inscrición poden facelo presentando unha solicitude xunto co DNI e certificado de estudos realizados no Rexistro Xeral do Concello. O modelo de solicitude pódese descargar do ligazón deste mesma páxina ou recollela ca Casa da Cultura. O prazo de inscrición está aberto ata o 25 de setembro. 
 
auladultos
  • De 1º. a 4º. preferentemente maiores de 18 anos
  • PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: do 9 ao 25 de setembro no rexistro xeral do Concello de Boiro
  • Listado de admitidos o 27 de setembro
  • INFORMACIÓN: CASA DA CULTURA "Ramón Martínez López". Telf.: 981848425. Correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  • Deberán pagar 40€ antes do comenzo do curso
  • Data de comenzo do curso: 7 de outubro
  • Descargas: Regulamento de funcionamento da aula

  

 

 

Solicitude de praza

Modelo de solicitude Anexo I.pdf

 

Formularios

Declaración ESO e Autorización familiar para o alumno menor de idade que solicita admisión na Aula de Educación de Adultos de Boiro

Autorizacion familiar eso.pdf

Declaración de realizar estudos.pdf

|