CeMIT
Índice do artigo
Introducción
Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica
O concello de Boiro está incluido no proxecto Rede CeMIT, esta rede desenvólvese cunha imaxe de marca propia que serve como elemento xerador de crecemento e desenvolvemento económico no marco das directrices da Axenda Dixital de Galicia 2014.gal.
Ademais, CeMIT posibilitará a adhesión de todos aqueles centros que dispoñan das infraestruturas necesarias, en particular os centros pertencentes á Rede de Telecentros de España ubicados en Galicia e, en xeral, ás bibliotecas, centros cívicos, asociacións, fundacións, etc que conten cos medios precisos para a súa incorporación.
Colectivos de actuación
Os diferentes servizos teñen como público obxectivo cinco colectivos: a cidadanía, na que se inclúen os desempregados, inmigrantes, mulleres, persoas con discapacidade e maiores; os profesionais das TIC, tanto ocupados como desempregados; as empresas, micropemes e autónomos; os empregados públicos e os axentes territoriais, colectivo que agrupa aos servizos municipais, asociacións civís, empresariais, Ongs, Anpas etc.
Axentes involucrados: concello e entidades colaboradoras
Na actualidade son 89 concellos adheridos que ofrecen 94 aulas de acceso público ás novas tecnoloxías para cumprir os obxectivos da Rede CeMIT, dos cales 53 asinaron o protocolo de adhesión que lles posibilita a contratación dun axente TIC que impulsará as actividades no centro definidas no Plan de Formación da Rede.
Os centros adheridos poderán utilizar a infraestrutura tecnolóxica e software común (portal web, correo electrónico, mensaxería instantánea, repositorio de contidos, plataforma de teleformación, comunidade virtual,...) que lles permita desenvolver a súa labor e facilite a posta en común de experiencias que enriquezan ao conxunto dos axentes que conformen a Rede CeMIT.
A Rede CeMIT coordina un modelo de rede único como referente na formación técnica de alto nivel no eido das TIC.
Deste xeito, CeMIT convértese nun instrumento esencial de soporte á nova estratexia en materia de SI, contribuíndo estratéxicamente a:
- Vertebrar territorial e socialmente Galicia grazas á creación de condicións de acceso igualitario ás novas tecnoloxías e á presentación de servizos de formación na TIC como facilitador da procura de emprego.
- Impulsar o crecemento do sector empresarial tradicional a través da formación no uso das novas tecnoloxías como elemento imprescindible para o aumento da súa competitividade.
- Especializar aos profesionais do sector TIC e incrementar a capacidade deste sector de prestar servizos cada vez máis avanzados.
- Potenciar os coñecementos tecnolóxicos do empregado público como garante do éxito do actual esforzo da Xunta de Galicia no impulso da e-administración.
Contacto
Centro Social de Boiro. Rúa Poeta Manuel María, s/n. Boiro.
1º andar Aula de Formación
2º andar Aula Aberta ao público
Axente TIC: Samuel Rodríguez Lado
9818426325
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
- Prev
- Seguinte >>