Obradoiro emprego

    O Obradoiro de Emprego Hostalería Boiro II encargouse durante varias xornadas de preparar e servir almorzos saudables nos colexios públicos do municipio. A través desta iniciativa pretendeuse sensibilizar aos nenos sobre a importancia do almorzo.

    Os asistentes ao Curso Universo Diverso ademais de degustar un menú elaborado polo alumnado/traballador, participaron nunha demostración de como elaborar batidos e zumes de froitas. 

    O Obradoiro de emprego é un programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a empregabilidade, a cualificación e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil.

    Os asistentes ao II Evento Gastronómico do Nadal puideron degustar roscóns, larpeiras, turrón, cocadas... acompañados de cafés e chocolates, elaborado todo polo alumnado/traballador do Obradoiro de emprego.

    O alumnado/traballador do obradoiro de emprego participa na clausura do curso de Musicoterapia, elaborando e servindo un xantar para as usuarias do programa de Cabo de Cruz. O Obradoiro de Emprego Hostalería Boiro II está cofinanciado nunha porcentaxe do 91,89% pola Iniciativa de emprego xuvenil e o Fondo Social Europeo.

    O Obradoiro de Emprego Hostalería Boiro II participa na clausura do curso de Musicoterapia elaborando e servindo un xantar para as usuarias do programa de Boiro.

|