Centro Arqueolóxico do Barbanza

Atópase no sur da provincia da Coruña, concretamente na parte máis setentrional da ría de Arousa, nunha pequena península coñecida como “Punta de Neixón”, que administrativamente atópase no lugar de Nine, parroquia de San Vicenzo de Cespón, concello de Boiro.

A situación do Centro ven determinada porque ao carón do mesmo, atópase a zona arqueolóxica dos Castros de Neixón, que é un ben de interese cultural (BIC) dende maio de 2011.

Os Castros de Neixón contan cunha longa traxectoria nas investigacións da Idade do Ferro no noroeste peninsular, onde se teñen realizado numerosos estudos dende épocas moi temperás ata a actualidade.

O Centro inaugurouse no ano 2002 á carón do acceso cara a área arqueolóxica, rodeado dunha ampla zona verde destinada a fins recreativos, ideal para o esparcemento, ademais conta cun amplo aparcamento.

O Centro Arqueolóxico do Barbanza foi recoñecido, autorizado e cualificado como colección visitable de contido arqueolóxico e ámbito local polo Consello da Xunta do 5 de decembro de 2012, converténdose na primeira destas características na Comunidade Autónoma de Galicia. Porén, acada o estatuto xurídico de colección visitable (art. 68 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia) e pasa a formar parte da rede de museos de Galicia.

 

Contacto

Lugar de Neixón s/n. 15991 Cespón. Boiro (A Coruña)

981 843810 
647922210
Fax: 981 843823

Web oficial del Centro Arqueológico del Barbanza

Facebook

Google+

Características do Centro

O Centro está estruturado en soto, planta baixa e primeiro andar. No soto atópase unha sala de usos múltiples, un pequeno laboratorio de campaña e o almacén de materiais arqueolóxicos. Na planta baixa atópase a recepción de visitas, unha sala de exposicións onde se presenta a Prehistoria Recente do Barbanza (fenómeno tumular, arte rupestre e cultura castrexa), unha tenda con venda de publicacións e recordos; amais dos aseos. No primeiro andar atópase a exposición de restos exhumados co complexo arqueolóxico dos castros de Neixón, unha sala de lectura e ciber, oficinas e aseos.

O Centro Arqueolóxico do Barbanza é un equipamento entre cuxas funcións está a divulgación do patrimonio arqueolóxico da comarca do Barbanza, o que comprende un territorio aproximadamente 468 Km2 e cunha poboación que se achega aos 95.000 habitantes, e cunha densidade de xacementos arqueolóxicos que supera o medio millar. Un dos obxectivos é pór en valor e dar a coñecer a Historia milenaria do Barbanza, centrándose especialmente en tres manifestacións culturais que se atopan moi presentes como é o fenómeno tumular de época Neolítica (túmulos, mámoas e dolmens); arte rupestre das primeiras idades dos metais (coñecidos vulgarmente como petróglifos), e cultura castrexa da Idade de Ferro.

O discurso museográfico traslado ao visitante a finais do V milenio a.C. para facer un percorrido ata os inicios do cambio de Era, axudándoo a comprender, estimular, provocar e reflexionar sobre o pasado; facendo especial fincapé en amosar os restos arqueolóxicos en relación coa sociedade que os orixinou, incidindo nos aspectos máis relevantes para comprender os cambios acaecidos en tempos pretéritos. Nas salas cóntanse con paneis, recreacións, maquetas táctiles e reproducións de diversos elementos arqueolóxicos.

Paseniñamente, estase a consolidar nun referente na divulgación do patrimonio arqueolóxico, tanto a nivel comarcal como supracomarcal; isto débese en gran medida ao programa de actividades específicas, como son os casos dos programas de divulgación Encontros

 

Plano de localización de xacementos e de ámbitos de protección

A través deste plano podedes localizar tódolos xacemtnos arqueolóxicos dentro do Concello de Boiro.

Nota: o arquivo pdf que contén o mapa ocupa case 6 Mbytes. Recomendamos que baixes e o mires no teu equipo.

Plano.pdf

Caderno didáctico para infantil e primaria

Caderno Didactico Primaria.pdf

Caderno didáctico para secundaria

Caderno didactico secundaria.pdf

 

Caderno didáctico para o profesorado

O Neolítico

A Idade de Bronce

A Idade do Ferro

Caderno didactico profesorado.pdf

 

Centro Social Cabo de Cruz

Localización e Comunicación:

Enderezo: Pesqueira, 93 – 15939 Cabo de Cruz – Boiro – A Coruña

Teléfono: 981 84 78 59

Email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Web: www.boiro.org; www.cabodecruz.org ou centrosocialcabo.blogspot.com

Blog del C.S. de Cabo de Cruz

Dependencias activas

  • Auditorio
  • Aulas (4 und.)
  • Sala de ordenadores
  • Sala de exposicións
  • Salón social da terceira idade
  • Salón social polivalente: biblioteca, xogos, tv-videos,... (Provisional)
  • Dirección
  • Asociación de Veciños A Unión
  • Asociación AETEMA

 



NOTA: A solicitude de dependencias para actos, cursos, asembleas, etc, debe facerse tras cumprimentar o impreso oficial e pasalo polo Rexistro do Concello de Boiro. Recoméndase que antes de remitir a solicitude, falen co técnico de Cultura á fronte de cada centro. Todas estas actividades fóra de horario levaranse a cabo a última fin de semana de mes (excepto decembro).

|