Charla Medio Ambiente

A Técnico de Medio Ambiente do Concello visitou o Centro de formación do obradoiro de emprego para darlle unha charla ao alumnado/traballador sobre a reciclaxe e os residuos urbanos do Concello de Boiro.

Almorzos Mancomunidade Arousa Norte

As persoas asistentes aos Seminarios de Formación Turística organizados pola Mancomunidade Arousa Norte e impartidos por IESIDE, puideron degustar durante varias xornadas dun almorzo elaborado polo alumnado/traballador do obradoiro de emprego.​

Entrega dos EPI e vestiario BoiroIII

Fáiselle entrega ao alumnado/traballador participante no Obradoiro de Emprego Hostalería Boiro III dos EPI e vestiario laboral. O Obradoiro de emprego está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia.

Xantar talleres de memoria

O alumnado/traballador do Obradoiro de Emprego elaborou e serviu un xantar para as persoas participantes nos Talleres de Memoria de Cruz Vermella de Cabo de Cruz e Cespón.​ O Obradoiro de Emprego Hostalería Boiro III é un programa mixto de emprego e formación cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia.​
|