Licitación das autorizacións para instalación de atraccións feirais e postos nas festas do verán 2025 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro saca a licitación as autorizacións para a ocupación de dominio público municipal para a instalación de atraccións de tipo mecánico e eléctricas, tómbolas e xogos de azar así como postos de venda con motivo das Festas do Verán 2025. 

 

O criterios de adxudicación serán sobre oferta económica mediante poxa en sobre pechado. 

A documentación a presentar e toda a información está especificada no prego de condicións, dispoñible AQUI

 

Prazo e presentación de solicitudes

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Boiro ou mediante correo postal entre o 10 e o 16 de xuño

 

Duración da ocupación 

Con carácter xeral as instalacións poderán iniciar a montaxe o 1 de xullo a partir das 16:00
horas, e comezarán a súa actividade o 4 de xullo de 2025 ás 18:00 ata a madrugada do día 9 ao día 10 de xullo de 2025.

No caso de que desexen permanecer ata o 10 de xullo inclusive, o denominado “día do/da
neno/a”, imponse como condición complementaria que as atraccións teñan un custo do 50% do custo correspondente ao período que vai do 04/07/2025 ata o 09/07/2025

A retirada producirase nos 2 días seguintes ao 09 de xullo de 2025, de tal xeito que ás 24:00 horas do día 11 de xullo o dominio público atoparase expedito de calquera ocupación e en condicións óptimas.

 

O Concello de Boiro habilita un espazo para as autocaravanas, situado no recheo que conecta as rúas María Mariño e Empresario Jesús Alonso. 

mapa caravanas

 

 

Solicitude de insercións publicitarias na Revista Folía 2025 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro abre o prazo de solicitude de insercións publicitarias das empresas na Revista Folía 2025, a revista das festas do verán.

O BOP núm. 108 do 9 de xuño de 2025 publica as tarifas do prezo público. 

 

Prezos 

30€ por 1/8 de páxina A4

200€ anuncios de páxina A4

400€ por unha páxina A4 en contraportada

*a estes importes aplicaráselles o ive do 21%no momento de ser devengados

 

Solicitudes

Ata o 13 de xuño mediante o Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro. 

Enlace para realizar a autoliquidación

 

Cursos CeMIT xuño 2025 | Concello de Boiro

A Aula CeMIT do Concello de Boiro ofrece novos cursos de formación en novas tecnoloxías que se van levar a cabo durante o mes de xuño de 2025.

 

Programa formativo 

Trámites electrónicos e medios de identificación - do 2 ao 5 de xuño de 10.00 a 12.00 horas 

Folla de cálculo nivel inicial e medio - do 9 ao 12 de xuño de 10.00 a 12.00 horas 

Inicio ao manexo do móbil básico - do 16 ao 18 de xuño de 10.00 a 12.00 horas

 

Información e inscricións 

Aula CeMIT - Centro Social de Boiro 

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

981 84 26 35

629 769 139 

Solicitude para as cacharelas de San Xoan 2025 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro abre o prazo para solicitude e comunicación de cacharelas de San Xoán 2025, que afecta a todas aquelas realizadas en terreos privados e en terreos públicos delimitados o día 23 de xuño, a partir das 18.00 horas, e que deberán quedar perfectamente apagadas antes das 6.00 horas do día 24 de xuño de 2024. 

So se poderán realizar as cacharelas que teñan efectuada a comunicación por escrito ao Concello de Boiro antes do día 19/06/2025. 

As comunicacións deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Boiro, aberto de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 horas, ou a través da sede electrónica. 

No caso das cacharelas que se realicen en terreo público delimitado a tal efecto, as persoas interesadas deben: 

1. Acudir ao departamento de Medio Ambiente do Concello de Boiro e recibir información sobre os lugares delimitados, medidas e responsabilidades. 

2. Solicitar o lugar delimitado escollido mediante o formulario dispoñible nesta web. 

Consulta o bando informativo aqui

II Feira de Emprego do Barbanza | Concello de Boiro

O Concello de Boiro desenvolve a II Feira de Emprego do Barbanza que terá lugar os días 14 e 15 de maio no Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira. 

O obxectivo destas xornadas será acoller estratexias en materia de formción e seleción e promover e facilitar a relación entre o tecido empresarial e as persoas demandantes de emprego, así como dara a coñecer as principais estratexias que, en materia de formación e selección, se están a levar a cabo por parte das organizacións empresariais máis representativas da zona. 

Para participar é preciso inscribirse. *as persoas inscritas entrarán nun sorteo que terá lugar o xoves ao remate da xornada.

Os foros e obradoiros están pensados para empresas e persoas demandantes de emprego pero as inscricións están abertas ao público xeral. 

Inscricións para os FOROS

Inscricións para os TALLERES

 

 

PROGRAMA

Mércores 14 de maio

9.30h - apertura de portas e recepción dos asistentes 

10.00h - foro "Intelixencia artificial e o futuro no emprego"

Modera: Jorge Teixeira Crespo, enxeñeiro informático, presidente de GPUL (Grupo de Programadores e Usuarios de Linux)

Interveñen:

  • Diego Vázquez González, CEO Newmind Innovatio /NM-IOT SL
  • Juan José Manso Carballo, fundador de GFM-Ideas
  • Pablo García, CEO de PRANA AI
  • Pablo Fernández, secretario xeral de Emprego da Consellería de Emprego

11.30h - pausa café 

12.00h - foro "Economía circular: unha aposta de futuro para a creación de emprego" 

Modera: Fátima Cachafeiro, xerente da mancomunidade Barbanza Arousa

Interveñen:

  • José Manuel Fernández, subdirector da oficina económica de Galicia do IGAPE
  • José Peleteiro, Ecoplas
  • Elena Fontán, Orixe Salgada
  • Josefa de León Blanco, Viratec

 

Xoves 15 de maio

9.00h - apertura de portas 

9.30h - obradoiro "Orientación profesional: accións formativas para persoas desempregadas e accións formativas de formación profesional" 

Imparte: Recursos Galicia SL

10.00h - interacción entre demandantes e empresas

11.00h - obradoiro "Procura activa de emprego" 

Imparte: Nortempo ETT

11.30h - interacción entre demandantes e empresas 

12.30h - obradoiro "Creando o mañá: como converterte no propietario da túa empresa"

Imparte: Asociación Boirense de Empresas (ABE)

13.30h - clausura da feira e sorteo 

|