Programa Integrado de Emprego do Concello de Boiro 2020/2021

O Concello de Boiro desenvolve, entre o 9 de novembro de 2020 e o 8 de novembro de 2021 un Programa Integrado de Emprego destnado exclusivamente a mulleres. O programa formativo está destinado a 100 usuarias desempregadas e inscritas como demandantes de emprego. 

O Plan Integral de Emprego do Concello de Boiro conta co financiamento da Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal. 

As persoas usuarias adquiren o compromiso de asistir ás sesións de orientación, participar nos obradoiros e actividades formativas e realizar custionarios de avaliación tras cada acción na que participan. As participantes recibirán unha axuda consitente en 7 euros por cada día de asistencia ás diferentes accións formativas do programa. 

 

Inscricións

Para participar, as persoas interesadas deben acudir á oficina de emprego e solicitar que lles asignen o código 930. 

 

Máis información

No Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira

Nos teléfonos 659 247 963 ou 650 042 409 ou nos enderezos electrónicos Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

 

FORMACIÓN PARA O EMPREGO

Gran parte dos esforzos do programa están orientados a ofrecer diferentes itinerarios formativos dirixidos a que as 100 usuarias atopen unha saída profesional adecuada ás súas características e obxectivos individuais. 

Os itinerarios que se inclúen no programa son:  

Turismo

  • Curso básico de recepcionista/ empregado de hotel
  • Actividades e limpeza en establecementos turísticos: camareiro de pisos
  • Inglés conversacional 

Administración e xestión

  • Técnicas de vendas e atención ao cliente
  • Curso medio de aplicación de bases de datos e follas de cálculo

Industria alimentaria de producción e envasado

  • Xestión do Almacén e Comercialización na Industria Alimentaria
  • Manexo de carretillas elevadoras e transpaletas eléctricas
  • Prevención de riscos laborais
  • Manipulador de alimentos
  • Envasado en cadea
  • Seguridade alimentaria APPCC
  • Etiquetado de alimentos
  • Curso manipulador de produtos fitosanitarios Nivel Básico
  • Curso seguridade alimentaria, lexislación e calidade

Formación certificable 

  • HOTR0108 - Operacións básicas de cociña (Certificado de profesionalidade completo)
  • ADG0408 - Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais (Certificado de profesionalidade completo) 

 

FORMACIÓN TRANSVERSAL 

A formación transversal serve de complemento da oferta formativa que, a través dos diferentes itinerarios, compoñen o Programa. 

A proposta de accións é a seguinte: 

  • Información básica. Manexo das principais ferramentas ofimáticas
  • Internet e redes sociais
  • Ferramentas TIC para a busca de emprego: aplicacións, portas e redes sociais
  • Inglés para sector servizos. Nivel iniciación 

 

OBRADOIROS PARA A MELLORA E HABILIDADES NECESARIAS PARA O EMPREGO

Obradoiros e habilidades para a búsqueda de emprego 

  • Carta de presentación e CV
  • As entrevistas de traballo: claves e técnicas
  • Habilidades comunicativas, motivación e autoestima na busca de emprego

Coaching 

  • Desenvolver e despregar as potencialidades das usuarias
  • Aprender a cambiar vellos hábitos e esquemas nos seus xeitos de enfrontarse á busca de emprego
  • Mellorar habilidades e aumentar o rendemento
  • Realizar un cambio de enfoque persoal
  • Adquirir ferramentas para enfrontarse a situacións de estrés orixinado pola busca de emprego
  • realizar unha reflexión crítica e autoanálise sobre as actitudes da participante fronte á busca de emprego
  • Trazar pautas a seguir para incrementar o rendemento persoal e acadar maiores taxas de éxito profesional 

Fomento da capacidade emprendedora 

  • Obradoiro de emprendemento activo
  • Analizar ideas de negocio e superior
  • Madurar ideas e analizar a súa viabilidade

Mobilidade laboral

  • Mobilidade xeográfica e funcional. Ferramentas e fontes de información 

 

 

|