Proceso selectivo: peóns forestais (APROL 2025)

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a contratación de peóns forestais para a realización do servizo de prevención de incendios. 

O contrato de traballo formalizarase baixo a modalidade contractual laboral temporal para a mellora da ocupabilidade e da inserción laboral e durante 9 meses.

O sistema de acceso será mediante oposición libre. 

Consulta as bases AQUI.

Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas (04/06/2025), que se pode consultar aqui

Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas (12/06/2025), que se pode consultar aqui

Publicadas as puntuacións provisionais (16/06/2025), que se poden consultar aqui

Publicadas as puntuacións definitivas e proposta de contratación (18/06/2025), que se poden consultar aqui

 

 

Funcións do posto 

- Desbroce de parcelas municipais de influencia forestal e os camiños públicos que requiran desbroce manual. 

- Realizar tarefas normalmente de carácter repetitivo e de apoio, con aplicación de normas estandarizadas e que precisen esforzo físico. 

- Coidado do perfecto estado do material e ferramentas que precise para realizar o seu cometido. 

- Colaborar nas operacións de carga e descarga manual ou con axuda de elementos mecánicos. 

- Cumprimento da normativa e instrucións do superior en relación á prevención de riscos. 

- Manter a reciclaxe continuo nos coñecementos e procedementos necesarios para realizar as funcións do posto de maneira eficiente. 

- Calquera outra función de análoga natureza que lle sexa encomendada polo seu superor xerárquico, en relación co servizo e coa súa categoría. 

Requisitos das persosas candidatas 

- Ter a nacionalidade española ou algunha outra que permita o acceso ao emprego público. 

- Non atoparse incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade. 

- Non ser desepedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública. 

- Ter cumpridos os 18 anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa. 

- Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das funcións ou tarefas. 

- Estar en posesión do título do certificado de escolaridade, estudos primarios ou, como mínimo, de 2º da ESO. 

- Ser persoa desempregada inscrita no Servizo Público de Emprego de Galicia (SEPE)

- Non ter sido contratada por un período igual ou superior a nove meses con cargo á axudas concedidas no 2024. 

 

|