Día do libro en Boiro

DIA DO LIBRO EN BOIRO: CAMPAÑA  “LIBROS PARA SERMOS LIBRES”

O luns 23 de abril “Día do libro”, levarase a cabo a solta de 200 libros

O Concello de Boiro participa na campaña "Libros para sermos libres" que ten por obxecto facer chegar á veciñanza libros doados pola Deputación da Coruña que se atopaban gardados nos seus arquivos.

Entre os libros cos que se agasallará á poboación de Boiro atópanse exemplares de poesía, ensaio, teatro, fotografía, investigación, pintura, banda deseñada ou literatura infantil. Así, moitos deles resultaron premiados nos diferentes certames desta administración. No conxunto de volumes que se distribuirán nesta campaña tamén se atopan algunhas das últimas novidades editadas pola institución.

Deste xeito o departamento de Cultura organizou as seguintes entregas o luns 23 nos seguintes centros:

18.30 horas na Biblioteca de Escarabote (Centro Social)

19:00 horas na Biblioteca Municipal de Boiro (Casa da Cultura)

|