Escape Room Nadal | Concello de Boiro

O Concello de Boiro, a través a área de Cultura, desenvolve un Escape Room durante o Nadal destinado a público infantil e familiar e tamén á mocidade. A actividade vai ter lugar os días 28, 29 e 30 de decembro no local leñaverde do Centro Social de Boiro.

O horario da actividade será en quenda de 17.00 a 18.00 horas para familias e nenos e nenas de 8 a 12 anos (acompañados dun adulto) e de 20.00 a 21.00 horas quenda para mozos e mozas. No acceso habilitarase un punto de recollida de alimentos non perecedeiros para colaborar coa iniciativa solidaria que desenvolve o grupo de voluntariado Turbina.

O máximo de xogadores por quenda é de 10, polo que se require inscrición previa a través dos formularios habilitados na web municipal. Para o acceso é preciso presentar o certificado de vacinación. 

Reserva de entradas: 

Escape Room 28 dec. Sesión familiar 17:00 a 18:00 https://forms.gle/6JnaSAcgLUhsnCnd6
Escape Room 28 dec. Sesión moza 20:00 a 21:00 https://forms.gle/MWSstUvVQeotjyZC7
 
Escape Room 29 dec. Sesión familiar 17:00 a 18:00 https://forms.gle/oGK6sS5WCV8u6qYv7
Escape Room 29 dec. Sesión moza 20:00 a 21:00 https://forms.gle/h1vaxgVNNHzTXGxo7
 
Escape Room 30 dec. Sesión familiar 17:00 a 18:00 https://forms.gle/JUNd2PzwT1oeDzfW6
Escape Room 30 dec. Sesión moza 20:00 a 21:00 https://forms.gle/KBxiCYLxE7nc8QN27
 
|