III Feira de Emprego do Barbanza | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra a III Feira de Emprego do Barbanza que terá lugar o 16 de abril.

Trátase dunha xornada para impulsar o talento e a economía local que se celebrará no Centro de Formación, Innovación, Emprego e Emprendemento Lab Barbanza, situado no Polígono de Espiñeira.

Tras o éxito de edicións anteriores, esta terceira convocatoria consolida o seu compromiso co desenvolvemento económico e coa creación de oportunidades laborais na comarca do Barbanza, buscando fortalecer o vínculo entre empresas e persoas en procura activa de emprego.

A feira desenvolverase durante unha xornada e contará coa participación de empresas de distintos sectores produtivos, entidades formativas e servizos de orientación laboral. Durante a xornada desenvolveranse simultaneamente foros para empresarios, charlas de interese relacionadas co emprego e a mellora da empregabilidade e as novas tendencias do mercado laboral. Ademais, as persoas asistentes poderán entregar os seus currículos nos stands das empresas participantes.

INSCRICIÓNS 

Por que deben asistir as empresas? 

A participación das empresas nos foros de temática laboral e empresarial que se establecerán é recomendable para fortalecer a competitividade, reputación e capacidade de adaptación. Seguindo os temas das mesas poderán:

  • Coñecer como evitar o absentismo laboral e incrementar a produtividade.
  • Como actuar ante a Inspección de Traballo, erros, situacións máis comúns.
  • Coñecemento de novas tendencias laborais, cambios normativos, boas prácticas e innovación na xestión empresarial.
  • Coñecer como fortalecer a imaxe corportativa, demostrando compromiso co desenvolvemento empresarial, manterse actualizada e activa dentro do seu sector.
  • Establecer networking e alianzas estratéxicas: conectar con outras organizacións, xerar oportunidades de colaboración e ampliar rede de contactos profesionais.

Por que deben asistir as persoas en búsqueda de emprego ou mellora do mesmo?
Para quen está en procura activa de emprego, a feira é unha ocasión única para:

  • Recibir asesoramento individualizado sobre orientación laboral, mellora do currículum e habilidades laborais.
  • Ter acceso directo a empresas con procesos de selección abertos.
  • Entrega do currículo en man nos stands habilitados.
  • Posibilidade de realizar entrevistas no propio evento.
  • Participación en charlas informativas sobre branding, orientación laboral e profesional.
  • Ampliación da rede de contactos profesionais.

PROGRAMA PROVISIONAL

10.00h - MESA 1 (EMPRESAS): “ABSENTISMO”/ “INSPECCION DE TRABALLO: CUMPLES OU ARRISCAS?”: trataranse temas como: absentismo, mellora da produtividade, a importancia do benestar laboral e manteremos unha interesante charla con Inspección de Traballo de A Coruña.

Poñentes:

  • María Teresa Pedrosa, inspectora de traballo da Coruña
  • Maria Quintana Pérez, directora xeral de Promoción da Igualdade
  • Juan Carlos Rama, director de Recursos Humanos da Corporación Empresarial Congalsa

Modera:

  • Juancho Armental, grupo Arestora

11.00h - MESA 2 (DEMANDANTES): “OFICIO E BENEFICIO?”: ORIENTACIÓN PROFESIONAL, UNIVERSIDADE VS FORMACIÓN PROFESIONAL, EMPREGO PÚBLICO VS PRIVADO: trataranse temas como: opcións de formación regrada e non regrada, saídas universitarias ou traballo na administración pública.

Poñentes:

  • Silvia Doce, directora de becas FEUGA
  • Maria Mariño, técnica de Recursos Humanos do Concello de Boiro
  • Zeltia Lado, directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego

Modera:

  • María Mercedes Argibay, xefa do departamento FOL do IES Leiladoura

12.30h - MESA 3 (EMPRESAS/DEMANDANTES): “BRANDING QUE CONECTA”Para as empresas: o branding permite diferenciarse, xerar confianza, fidelizar clientes e atraer talento. Para as persoas demandantes de emprego: non abonda cun bo currículum, o personal branding  é necesario construír unha narrativa profesional e fortalecer a presenza dixital.

Poñentes:

  • Víctor Oujo, Vimanstyle asesor de imaxe
  • Antón Freire Picón, Kracia Cooperativa de Marketing
  • Miguel Ángel Souto Fraga, docente da área de marketing de Galicia Bussines School

Modera:

  • Paola González Garzón, graduada en comunicación social e xornalismo

13.30h - MESA 4 (EMPRESAS/DEMANDANTES): EPERIENCIAS INSPIRADORAS NO CAMIÑO DE EMPRENDER: foro coa Asociación Boirense de Empresas co propósito de achegar ao público exemplos reais de emprendemento no noso territorio.

Poñentes:

  • Diana Torrado Otero, Family Banker en Banco Mediolanum
  • Lola García Sánchez, seguros García Sánchez
  • Rosa Tubío, A librería de Rosa (Nobel Boiro)

Modera:

  • Tomás Estevez, xerente da Asociación Boirense de Empresas
|