Taller de Prevención de Riscos Laborais

O concello de Boiro en colaboración co Instituto de Seguridade e Saude Laboral de Galicia (ISSGA) impartirá un taller de Prevención de Riscos Laborais  dirixido a traballadores/as de atención directa a persoas con dependencia e a persoas con formacion (previa ou actual) na materia.

Unha vez seleccionado este grupo, a seleccion entre estas persoas realizarase por orde de inscricion.

Obxectivo dos talleres:

Proporcionar unha formacion especifica as persoas traballadoras e profesionais do sector en materia de prevencion dos riscos laborais inherentes a estas actividades, coa finalidade de fomentar a adquisicion de habilidades nesa materia asi como a adquisicion dunha cultura preventiva, e diminuir os accidentes laborais no sector.

Os talleres tenen caracter presencial.

Talleres gratuítos. 16 horas repartidas en 4 xornadas

 

Data de inicio: 16 de Setembro , 2019
Data de fin: 19 de Setembro , 2019
Data de fin da inscripción: 11 de Setembro , 2019

Máis información:   Departamento de Emprego do concello de Boiro

                              Telf. 981842609

                              Mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

orientacionlaboral2

|