Voces violetas: Igual-Son

OBRADOIRO  DE DINAMIZACIÓN LINGüíSTICA E DE SENSIBILIZACÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO CON EVA MEJUTO

Destinado  a  ANPAS dos centros de ensino, dirixido a familias , persegue  axudar aos pais  e nais a detectar, analizar e combater, desde dentro do fogar, a desigualdade e o maltrato .

“ Aos catro anos , as nenas son conscientes de que non poderán acadar as mesmas cousas que os nenos”.

Segundo  o xénero co que nacemos  ponse en marcha  todo un sistema de expectativas  sociais que nos  marca  o que temos que ser, sentir, pensar, facer…e que , polo tanto, condicionará a nosa foran de vivir.

A través de cancións  tradicionais  , antigas  e contemporáneas de  diversos xéneros musicais: coplas, boleros, pop , rock , rap e regetón, analizaremos a presenza do  micro e macro machismos  e violencia  emocional e verbal que axuda a perpetuar comportamentos de desigualdade. Analizaremos tamén personaxes  de series de ficción actuais, tanto para público  infantil, xuvenil e adulto, así compo personaxes literarios das lecturas máis aclamadas polo público xuvenil  e adulto, proporcionando ferramentas de analise para sernos quen de detectar , analizar e combater desde dentro  dos nosos fogares, a desigualdade e a violencia .

 Estas  dúas actividades serán levadas a cabo coa xornalista e escritora Eva Mejuto.  A súa especialidade é a literatura  infantil e xuvenil. E autora  de   adaptacións de contos tradicionais  a albúms ilustrados traducidos , traducidos a máis de  10 idiomas. En 2017  publicou “22 segundos “, narrativa sobre a transexualidade

Estas actividades  son subvencionadas dentro do programa  IGUAL-SON da Secretaría  Xeral de Política Lingüística

charlanoscontraviolencia

|