Presentación: Etapa de Boiro da 17ª Volta da Galicia

cabeceiravolta

PRESENTOUSE A ETAPA DE BOIRO, CLAVE PARA A VOLTA A GALICIA

(FGC) Boiro 17/09/2018

O Concello de Boiro acolleu este luns a presentación da etapa da Volta Ciclista a Galicia que sairá e finalizará en Boiro o vindeiro sábado día 22 de setembro. Na comparecencia participaron o Alcalde de Boiro, Juan José Dieste e o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz.

O alcalde agradeceu á federación que tivese en conta a Boiro para este evento. "Pasará por estradas da comarca que son frecuentadas por moitos ciclistas. Estradas que teñen moitos portos pero tamen fermosas paixases ás rías de Arousa e tamén da ría de Muros”. "Este concello está a envorcarse co deporte", engadiu o alcalde á vez que destacou o afán de organizar competicións que atraian xente á zona.

A competición sairá ás 13.00 horas na avenida da Constitución e a chegada estímase ao redor das 16.45 horas. A volta dispútana 19 equipos de Francia, España e Portugal, contando cun pelotón de 133 corredores. "Fixemos unha etapa en Boiro moi bonita", afirmou Muñiz. "Será unha etapa moi dinámica. Os equipos que queiran gañar a volta terano que facer moi ben nesta etapa. Aquí xogarase boa parte da volta. Teremos espectáculo do bo o vindeiro sábado".

Muñiz por último destacou que este evento move a 300 persoas, con grandes equipos de toda España. "É un gran evento para dar a coñecer esta comarca e a nosa terra", sinalou

pevolta

3etapavolta

|