O Concello de Boiro, a través da área de Deportes, convoca as bolsas para deportistas federados na localidade 2020. 

A dotación total da convocatoria será de 5.000 euros, distribuídos en 5 bolsas de 300 euros, 10 bolsas de 200 euros e 15 bolsas de 100 euros. 

 

Requisitos das persoas solicitantes

- Estar empadroados en Boiro 

-Ter entre 9 e 23 anos a data do 31 de decembro

- Dispoñer de licencia feredativa en vigor no momento da presente convocatoria

- Ter participado na tempada precedente en: 

  • Campionatos oficiais galegos, españois ou de nivel superior
  • Convocatorias das seleccións galega ou española da especialidade
  • Probas oficiais de nivel competitivo igual ou superior aos campionatos galegos, así recoñecidas e acreditadas pola federación correspondente
  • Campionatos oficiais absolutos de liga da 1ª, 2ª e 3ª categoría de cada especialidade

- Non sufrir sanción ou descualificación por comportamento antideportivo 

 

Documentación a presentar

- Anexo cuberto coa información

- DNI da persoa solicitante

- Volante de empadroamento do Concello de Boiro

- Certificación da conta bancaria

- Copia da licencia federativa en vigor

- Certificación da Federación Deportiva correspondente ou documento de organismo oficial que acredite: 

  • Os méritos logrados polo/a deportista durante a temporada precedente
  • A inexistencia de sanción ou descualificación do solicitante por comportamento antideportivo
  • O inicio e o remate da pasada temporada

 

Lugar e prazo de presentación de solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes PECHADO

As solicitudes presentarnse no Rexistro Xeral do Concello de Boiro dentro dos dez días hábiles seguintes á publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia.

Podes descargar aqui o Anexo para presentar 

 

 

 

|