Durante o mes de xullo  celebrarase  a 5ª edición da  Xuntanza  de Palilleiras e Bordadores do Centro Social de Cabo de Cruz.

Este ano produciuse un cambio no programa, debido entre outras circunstancias, á demanda dos  visitantes, que reclamaba que tanto a exposición coma os obradoiros  estivesen abertos ao público durante máis tempo.

Así que, nesta ocasión,  @s alumn@s das Escolas de Bolillos e Bordados que dirixen  Mariví Santos e Mª José F . Figueroa respectivamente, dende o 6 de xullo ás 20:45h., data que terá lugar a inauguración,  e ata final de mes expoñerán as súas obras de arte que poden ser visitadas de luns a venres de 9:00 a 14:00h.

Artesáns de outros ámbitos coma Moncha Noal  que mostrará ao público os seus San  Cosmeiros e Manola Places  con non faltarán a esta cita anual

En canto á Exhibición en vivo

Levarase a cabo  durante a inauguración e tódolos mércores do mes de xullo

Para visitar o obradoiro de palilleiras e bordadoras os mércores (tanto de xeito individual coma grupal) é imprescindible reservar previamente no propio Centro Social ou chamando ao 981 84 78 59. E si o desexan unha palilleira e/ou bordadora estará a súa disposición mentres visite a exposición

Como dato anecdótico dicir que aínda non se inaugurou   a xuntanza e o Centro social xa ten dúas reservas de grupos organizados para visitar  o obradoiro e a exposición.

|