O Concello de Boiro celebra o xoves 21 de xaneiro de 2021 o Pleno Ordinario correspondente ao mes de xaneiro. Debido á situación epidemiolóxica a causa da Covid-19 na que se atopa o municipio, a sesión celebrouse de xeito teñlemático e pode verse completa na canle de YouTube do Concello de Boiro

A orde do día da sesión vai ser a seguinte: 

1. Aprobación da acta da sesión anterior celebrada o 17/12/2020

2. Convenio de colaboración entre o Concello de Boiro e o Concello de Ribeira para a recollida de animais abandonados e outras cuestións que redunden en protección e defensa dos animais de compañía. 

3. Ordenanza de circulación do Concello de Boiro. 

4. Moción presentada polo grupo de IC Boiro/ mixto sobre o estado das ruínas das instalacións da empresa Boiromar no Chazo. 

5. Moción do grupo municipal de IC Boiro/ mixto relativa a reclamación a Repsol de débeda pola ocupación de terreos cos depósitos de gas no parque empresarial. 

6. Moción do grupo municipal de IC Boiro/ mixto sobre baños públicos do Mercado Municipal e melloras no dito mercado. 

7. Moción presentada polo grupo municipal de IC Boiro/ mixto relativa á apertura durante todo o ano dos baños do paseo marítimo de Barraña. 

8. Moción do grupo municipal do PP para instar ao Goberno a que ingrese as contías do IVE non liquidadas de 2017 como consecuencia da implantación do Suministro Inmediato de Información (SII). 

9. Moción do grupo municipal do PP con motivo da celebración o 25 de novembro do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. 

10. Moción do grupo municipal do BNG relativa á celebración o 25 de novembro do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. 

11. Moción do grupo municipal de IC Boiro/ mixto relativa á necesidade de pintar o edificio da Casa da Cultura. 

12. Moción do grupo municipal de IC Boiro/ mixto para que se soliciten subvencións para obras ao Goberno central con cargo ao 1'5% destinado á conservación do patrimonio cultural. 

13. Moción do grupo municipal de IC Boiro/ mixto para a devolución de recargos a contribuíntes causados por cambio de códigos de bancos. 

14. Moción do grupo municipal do BNG sobre a reactivación da asistencia sanitaria. 

15. Moción do grupo municipal de Boiro Novo/ mixto para a constitución dunha mesa local de coordinación interinstitucional fronte á violencia machista. 

16. Moción do grupo municipal de Boiro Novo/ mixto en relación co cumprimento das obras pendentes en Sandrenzo e Fontecoba. 

17. Moción presentada polo grupo de Boiro Novo/ mixto para prover de axudas a deportistas federados vencellados ao mundo do motor. 

18. Moción do grupo municipal do PSdG-PSOE relativa á sanidade. 

19. Moción do grupo municipal do PSdG-PSOE pedindo ao goberno galego a reversión da titularidade dos terreos portuarios aos concellos, cando o seu uso para fins relacionados co porto sexa residual ou inexistente. 

20. Moción do grupo municipal do PSdG-PSOE con motivo da celebración o 25 de novembro do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. 

21. Moción da plataforma en defensa da sanidade pública do Barbanza. 

22. Moción do grupo municipal do PP para adopción de medidas económicas e sociais en defensa dos autónomos e PEMES afectados polas restricións impostas pola crise sanitaria derivada da Covid-19. 

23. Moción do BNG sobre a lingua galega. 

|