O servizo de Orientación Laboral do Concello de Boiro informa de que está aberto o prazo para o recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou formación para a obtención de certificados de profesionalidade do ano 2021 que convoca a Consellería de Emprego e Igualdade. 

DOG Núm. 8, do xoves 14 de xaneiro de 2021.

Requisitos

- Acreditación a través de experiencia laboral: 3 anos traballados cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total, nos últimos 10 anos. 

- Acreditación a través da formación non formal: 300 horas nos últimos 10 anos. 

 

Cualificación que se convocan

- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 325 prazas

- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 225 prazas

- Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD350_2): 150 prazas

- Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 150 prazas

- Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural (SEA595_2): 150 prazas

- Vixiancia e seguridade privada nas unidade de competencia UC0080_2 e UC0081_2: 162 prazas

- Servizos para o control de pragas (nesta cualificaicón non se admiten novas solicitudes e só poden presentarse as persoas que quedaron en listaxe de agarda na anteriro convocatoria) 

 

Prazo de prensentación de solicitudes

O prazo de inscrición está aberto dende o 15 de xaneuiro e ata o 11 de febreiro de 2021 (ambos os dous incluídos).

 

Máis información

Servizo de orientación laboral do Concello de Boiro

Telf. 981 842 609

E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

 

 

Descargas:
Download this file (CONVOCATORIA.pdf)CONVOCATORIA.pdf
|