Pleno Ordinario xuño do Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra este xoves, 18 de xuño, a Sesión Plenaria Ordinaria correspondente ao mes de xuño. 

A orde do día é a seguinte: 

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión plenaria anterior

2. Datación de conta da renuncia á súa acta de concelleiro de D. Benigno Miguel González Bermúdez. 

3. Actualización convenio Atriga

4. Aprobación do Plan Económico Financieiro do Concello de Boiro 2020-2021

5. Modificación da ordenanza fiscal nº5, reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público local con mesas, cadeiras, tribunas, taboados, quioscos e outros elementos análogos con finalidade lucrativa

6. Moción presentada polo grupo municipal do BNG sobre a adopción de medidas para suprimir prazas de aparcadoiro que dificultan a visibilidade dos peóns ao cruzar na Av. da Constitución. 

 

A sesión plenaria poderase seguir en directo a través da canle de YouTube do Concello de Boiro 

https://www.youtube.com/watch?v=rXcP5NFEmAY&feature=youtu.be

|