Programa de fomento ao comercio local

O Concello de Boiro crea un Programa de fomento ao comercio local para elaborar unha base de datos con todos os establecementos interesados en participar naquelas iniciativas que dende o Concello se organicen para favorecer o consumo nos establecementos do municipio.

A primeira das iniciativas que se vai levar a cabo dentro deste Programa é Certame Fotográfico de Entroido 2021 que desenvolve a Concellería de Cultura en formato online e que premia aos gañadores con vales de compra. As persoas gañadoras do certame recibirán vales de compra que poderán consumir en calquera dos establecementos, sexan comercios ou locais hostaleiros, adheridos ao programa.

Para o concurso de entroido, o Concello de Boiro destina un total de 1.050 euros en vales de compra que que irán ao comercio local. Os premios do certame fotográfico están divididos en duas categorías, haberá premios para os menores de 12 anos: un vale de 100 euros para o primeiro, un de 75 euros para o segundo, un de 50 euros para o terceiro e 5 premios de 35 euros en vales de compra. Para os maiores de 13 anos os premios son: un vale de 175 euros para o primeiro, 125 euros para o segundo, 100 euros para o terceiro e 5 vales de 50 euros.

A adhesión poderá facerse en calquera momento para participar nesta e en calquera outra iniciativa deste tipo que desenvolva o Concello de Boiro. Os comercios e establecementos interesados teñen que enviar o impreso de adhesión que se pode descargar desta páxina ao enderezo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 

|