Selección de 20 alumnos/as traballadores - Obradoiro de Emprego en xestión forestal

O Concello de Boiro realiza un proceso selectivo para a selección de 20 alumnos/as traballadores/as para o Obradoiro de Emprego en xestión forestal Torre Goiáns II - Boiro. 

O contrato de traballo formalizarase para a formación en alternancia para a participación das persoas seleccionadas no Obradoiro de Emprego en xestión forestal Torre Goiáns II - Boiro. 

As retribucións serán as correspondentes ao salario mínimo interprofesional vixente en cada momento e a parte proporcional das pagas extraordinarias. 

A duración do proxecto será de 12 meses e o horario de luns a venres de 7.30 a 15.30 horas. 

 

Publicada a relación de persoas admitidas e excluídas (22-09-2022), que se pode consultar aqui

Publicadas as puntuacións provisionais (26-09-2022), que se poden consultar aqui

Prazo de alegacións ata o 27/09/2022

 

Prazas convocadas

Convócanse un total de 20 prazas divididas en dúas modalidades: 

- Especialidade de aproveitamentos forestais (10 prazas) 

- Especialidade de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas (10 prazas) 

 

Requisitos das persoas aspirantes 

- Ter a nacionalidad española, doutros estados membros da Unión Europea. 

- Non padecer enfermidade ou defécto físico ou psíquico que impida o desempeño das funcións propias do posto de traballo. 

- Non ter sido despedido mediante expediente disciplinario de ningunha administración pública. 

- Non incorrer en causa de incompatibilidade ou incapacidade. 

 

Procedemento de selección 

Para participar deste proceso selectivo as persoas interesadas deben instribirse na Oficina de Emprego e seleccionar a modalidade 'taller de emprego'. 

- Sistema de selección: oferta tipo T (taller de emprego). 

- Localidade: ámbito do Concello de Boiro. 

- Idade: 18 anos ou máis. 

- Situación laboral: persoas desempregadas

|