Proceso selectivo: socorristas 2022

O Concello de Boiro realiza un proceso selectivo para a contratación de socorristas acuáticos en espazos naturais para a cobertura, con carácter laboral temporal, de 15 socorristas acuáticos.

O sistema de acceso será mediante oposición libre e os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual temporal indicada para este tipo de programas. 

Para participar deste proceso selectivo, as persoas aspirantes deberán inscribirse como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia

Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas (15/06/2022), que pode consultarse aqui

Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas (20/06/2022), que pode consultarse aqui. 

O tribunal convoca ás persoas aspirantes o vindeiro xoves 23/06/2022 ás 9.30 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial para a realización dos exercicios da oposición. 

 

Requisitos das persoas candidatas

- Pertencer a calquera dos Estados asinantes da Unión Europea, con coñecementos suficientes de lingua castelá e/ou galega. 

- Ter cumpridos os 16 anos de idade e non exceder aquela de xubilación forzosa

- Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións

- Non estar afectados por motivos de incompatibilidade

- Non ter sido despedido mediante expediente disciplinario 

- Estar en posesión de, como mínimo, a titulación do graduado en educación secundaria obrigatoria

- Estar inscrito no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos da Comunidade Autónoma de Galicia 

- Ser desempregado inscrio no Servizo Público de Emprego de Galicia 

 

Presentación de solicitudes

Unha vez mantida a primeira xuntanza coas persoas candidatas, inscritas no Servizo Público de Emprego, as persoas interesadas terán un prazo de cinco días hábiles para presentar as instancias e documentación no Rexistro Xeral do concello de Boiro ou na sede electrónica. 

|