Concurso de disfraces e carrozas Entroido 2024 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro convoca para o vindeiro martes 13 de febreiro o tradicional concurso de disfraces e carrozas no marco da programación cultural do Entroido 2024.

Poderán participar neste concurso todas as asociacións, comunidades, grupos culturais, veciñais ou persoas que o desexen.

O concurso terá lugar o martes día 13 de febreiro de 2024 ás 18.00 horas na Praza de Galicia, percorrendo as rúas de Boiro para rematar no mesmo lugar. 

O BOP núm 23 do 31 de xaneiro de 2024 publica as bases do concurso. 

Modalidades 

  • Individual/ parella: participantes a partir dos 13 anos, farán constar o nome do disfrace e a persoa/s que se presenta. 
  • Grupos: aqueles que estean formados polo menos por tres participantes maiores de 13 anos cunha temática común. 
  • Carroza: aparello móbil conformado por unha plataforma ou varias debidamente adornadas e acorde coa temática do grupo. A carroza etará formadas como mínimo por catro persoas.

Premios 

 INDIVIDUAIS  GRUPOS  CARROZAS 
 1º 300 euros 1º 600 euros  1º 1200 euros  
 2º 200 euros 2º 300 euros  2º 800 euros  
 3º 150 euros  3º 250 euros   3º 500 euros 
 4º 100 euros 4º 200 euros    

O anexo II de solicitude de premio está dispoñible nesta páxina.  

 

Inscricións

Presencial ou vía telefónica no Centro Social de Escarabote ou no teléfono 981 84 99 50, de luns a venres de 10.00 a 13.00 horas. 

Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

*o prazo de inscrición rematará o xoves 8 de febreiro ás 13.00 horas. 

*as persoas que non se inscribiran dese xeito poden facelo no mesmo día dende as 16.30h ata as 17.30h na Praza de Galicia. 

O impreso de inscrición (ANEXO I) e impreso de declaración (ANEXO III) pode descargarse nesta páxina. 

 

|