Subvencións a clubs e entidades deportivas | Concello de Boiro

O Concello de Boiro convoca unha liña de subvencións para entidades deportivas sen ánimo de lucro o municipio que fomenten a actividade deportiva a través do deporte federado. 

O BOP núm. 86 do venres 3 de maio de 2024 publica as bases da convocatoria. 

 

Requisitos

- Club ou entidade deportiva federada con razón social no municipio de Boiro que participe en competición oficial estable. 

- Carecer de fins de lucro. 

- Estar inscrito no Rexistro de Entidades do Concello de Boiro. 

- Estar inscrito no Rexistro de Asociacións Deportivas da Xunta. 

- Non incurrir en algún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a recepción de axudas ou subvencións públicas. 

- Ter certificado dixital ou DNI electrónico. 

 

Prazo e presentación de solicitudes 

O prazo de presentación de solicitudes está aberto dende o 06/05/2024 e durante un período de 10 días hábiles. 

As solicitudes deben presentarse mediante o Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro. 

 

Máis información

Departamento de Deportes (Casa da Cultura de Boiro) 

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Bolsas para deportistas federados/as | Concello de Boiro

O Concello de Boiro convoca unha liña de axudas para deportistas do municipio de Boiro. 

O BOP núm. 86 do 3 de maio de 2024 publica as bases da convocatoria. 

 

Requisitos 

- Estar empadroado/a en Boiro. 

- Ter entre 9 e 23 anos a data do 31 de decembro de 2023.

- Dispoñer de licencia federativa en vigor no momento da presente convocatoria. 

- Ter participado na tempada precedente nalgún dos seguintes eventos: 

· campeonatos oficiais galegos, españois ou de nivel superior. 

· convocatorias das seleccións galega e española. 

· probas oficiais de nivel competitivo igual ou superior aos campeonatos galegos. 

· campeonatos oficiais absolutos de liga de 1ª, 2ª e 3ª categoría de cada especialidade. 

- Non sufrir sanción nin descalificación por comportamento antideportivo ao longo da tempada. 

 

Prazo e presentación de solicitudes 

O prazo de presentación de solicitudes está aberto dende o 06/05/2024 e durante un período de 10 días hábiles. 

As solicitudes deben presentarse mediante o Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro. 

 

Máis información

Departamento de Deportes (Casa da Cultura de Boiro) 

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

XXI Regata Contra Reloxo CRCC | Concello de Boiro

O Concello de Boiro colabora co Club de Remo Cabo de Cruz na organización da XXI Regata Contra Reloxo que terá lugar este sábado 27 de xaneiro no peirao de Cabo de Cruz.

A regata realizarase na modalidade contra reloxo lineal na que van participar os equipos masculinos e femininos das categorías de absolutos e veteranos e tamén de base.

Pola mañá terá lugar a regata das categorías base e veteranas, con saída ás 11.30 horas. Pola tarde terá lugar a competición das categorías absolutas ás 17.00 horas. 

 

Medidas de seguridade con motivo da XXXVI Promoción do Ciclismo de Boiro | sábado 27 de abril

O vindeiro sábado 27 de abril celebraráse a XXXVI Promoción do Ciclismo de Boiro organizada polo Club Ciclista Barbanza.

Para garantir a seguridade e correcto desenvolvemento da proba, produciranse cortes puntuais ao tráfico e limitación de estacionamento en algunhas rúas do municipio.

A proba constará de tres percorridos distintos en función das idades e categorías. O percorrido de alevíns, de 5,5 quilómetros será a primeira en saír e farao ao 15.30 horas. A saída farase dende a Avenida da Constitución dirección Exipto pola DP-1106 para pasar por Graso e o Saltiño. Tomará dirección Boiro pola Avenida de Barraña, a rúa Empresario Jesús Alonso e Salvador Allende.


A seguinte carreira en saír será a de infantís, de 13.5 quilómetros,que partirá da Avenida da Constitución e tomará dirección Exipto pola DP-1106 chegando ata Triñáns, Romarís e Fonte do Mouro; tomará dirección Carragueiros para volver pola DP-1107 dirección Barraña e regresará á meta por Salvador Allende. Esta proba está previsto que remate arredor das 16.40 horas.

A carreira mais longa, de 51 quilómetros, sairá da Avenida da Constitución pola Avenida de Compostela e a rúa Principal dirección Exipto pola DP-1106 e percorrerá a AC 305 por Ponte Beluso dirección Rianxo, regresando ao termo municipal por Vilariño e Espiñeira para volver tomar dirección Boiro pola DP-1105, pasando por Ponte Goiáns ata Praia Xardín
para regresar á meta na Avenida de Compostela arredor das 19.00 horas.


Para garantir a seguridade dos ciclistas non estará permitido estacionar na Avenida da Constitución, no tramo comprendido entre a rotonda da Avenida de Compostela e a Avellaneda. Para garantir a seguridade colaborarán a Policía Local e Protección Civil de Boiro, dando cobertura aos tramos e cruces máis conflitivos e perigosos, xunto coa
Guardia Civil, a Guardia Civil de Tráfico e as persoas colaboradoras co Club
Ciclista Barbanza.

Gala do Deporte 2023 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro organiza a Gala do Deporte 2023, un acto para recoñecer publicamente aos deportistas máis destacados do ano 2023 ou tempada 2022/2023. 

A título individual ou colectivo valorarase ter acadado podium en campionatos galegos, como mínimo un 6º posto en campionatos de España, ata un 10º posto en campionatos europeos e ata
un 20º posto en campionatos do mundo.

A título de club será recoñecido conseguir un ascenso de categoría, resultar gañador na correspondente competición ou ter acadado como mínimo un terceiro posto nun Campionato Galego ou un 6º nun campionato de España da modalidade deportiva que sexa.

A Gala do Deporte 2023 do Concello de Boiro terá lugar o venres 19 de xaneiro ás 20.00 horas na Casa da Cultura de Boiro

 

|