Campamento Concilia verán 2024 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro abre o prazo para a preinscrición no campamento de conciliación para o verán 2024.

Bases e máis información sobre o campamento, dispoñibles aqui.

 

Lugar de realización, calendario e horario

As actividades desenvolveranse no CEIP Santa Baia de Boiro, CEIP Abanqueiro, Centro Social de Cabo de Cruz e CEIP Cespón (a escoller un). 

Os programas desenvolveranse entre o 1 de xullo e o 30 de agosto, agás sábados, domingos e festivos. 

O horario será de 8.00 a 14.00 horas; de 9.00 a 14.00 horas; ou de 10.00 a 14.00 horas (a escoller un). 

 

Prezos

150 euros/mes para horario de 8.00 a 14.00 horas 

130 euros/mes para horario de 9.00 a 14.00 horas 

110 euros/mes para horario de 10.00 a 14.00 horas 

 

Inscrición e pago das taxas

O prazo de inscrición estará aberto entre o 9 e o 23 de maio. 

As inscricións deberán facerse mediante o Rexistro Xeral ou sede electrónica. Formularios dispoñibles para a súa descarga nesta páxina. 

O pago das taxas de inscrición deberá efectuarse a partir da publicación do listado definitivo, entre o 4 eo 10 de xuño. 

 

 

|