Letras Galegas 2024 | Concello de Boiro

 O Concello de Boiro, xunto coa Asociación Cultural Barbantia, organizan o vindeiro venres 17 de maio a XIII Romaría das Letras que terá lugar no Pazo de Goiáns.

Participan nesta edición da Romaría das Letras AdaNegra, Suse Geto, Sonagasallo, Palilleiras Revolteir@as, Che Tembra, Pedra de Aroña, Grupo de Baile de Abanqueiro, Xilbarbeira, Abeloura, Alana trío, Os Melidaos, DJ Misa, Grupo de teatro Airiños de Rianxo, Marta Ríos, Xulio Gutiérrez Roger, Editorial Cuadranta, Edicións Xerais, Editorial Ministerio de Cultura e Deporte, Libraría NOBEL de Boiro, Libraría LER da Pobra do Caramiñal.

 

PROGRAMACIÓN:

11:30h -- Apertura recinto e recibimento de participantes da XIII Romaría das Letras no Barbanza con 17 bombas de palenque.

12:00h -- Apertura de:

  • Feira artesá e literaria
  • Fotocol con roupa tradicional cortesía da asociación Xilbarbeira
  • Exposición dedicada a Luísa Villalta, autora homenaxeada co Día das Letras Galegas 2024
  • Obradoiro de ourivería con Susi Gestos

12:00h -- Baile galego na eira do Pazo coa A.C Pedra da Aroña e grupo de baile de Abanqueiro

12:30h -- Roteiro botánico pola leira do Pazo de Goiáns a cargo de Xulio Gutierrez Roger

13:30h -- Concerto no xardín do Pazo a cargo de ALANA trío

14:30h -- Xantar popular

16:00h -- Apertura institucional e presentacións literarias no interior do pazo:

  • Presentación literaria infantil: Carmen e a serea mariña, de Ana Rial (Editorial Cuadranta) e paseo teatralizado para público familiar pola leira de Goiáns a cargo de Marta Ríos
  • Presentación do libro Iribarne, de Ester F. Carrodeguas(Edicións Positivas)
  • Presentación do libro Alma de violino, das autoras Beatriz Maceda, Eli Ríos e Laura Suárez (ilustradora) Edicións Xerais

18:00h -- Baile galego na eira do Pazo: Xilbarbeira e Abeloura

18:30h -- Espectáculo teatralizado do grupo Airiños de Rianxo no xardín do Pazo

19:00h -- Concerto de Os Melidaos na eira do Pazo

20:30h -- Dj Misa (100% en galego) no xardín do Pazo

22:00h -- Remate da XIII Romaría das Letras no Barbanza

 

 

 

Campamento Concilia verán 2024 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro abre o prazo para a preinscrición no campamento de conciliación para o verán 2024.

Bases e máis información sobre o campamento, dispoñibles aqui.

 

Lugar de realización, calendario e horario

As actividades desenvolveranse no CEIP Santa Baia de Boiro, CEIP Abanqueiro, Centro Social de Cabo de Cruz e CEIP Cespón (a escoller un). 

Os programas desenvolveranse entre o 1 de xullo e o 30 de agosto, agás sábados, domingos e festivos. 

O horario será de 8.00 a 14.00 horas; de 9.00 a 14.00 horas; ou de 10.00 a 14.00 horas (a escoller un). 

 

Prezos

150 euros/mes para horario de 8.00 a 14.00 horas 

130 euros/mes para horario de 9.00 a 14.00 horas 

110 euros/mes para horario de 10.00 a 14.00 horas 

 

Inscrición e pago das taxas

O prazo de inscrición estará aberto entre o 9 e o 23 de maio. 

As inscricións deberán facerse mediante o Rexistro Xeral ou sede electrónica. Formularios dispoñibles para a súa descarga nesta páxina. 

O pago das taxas de inscrición deberá efectuarse a partir da publicación do listado definitivo, entre o 4 eo 10 de xuño. 

 

 

Musicoterapia para persoas maiores de 60 anos | Concello de Boiro

O Concello de Boiro crea un obradoiro de Musicoterapia destinado principalmente a persoas maiores de 60 anos as 2º e 4º semanas de cada mes impartido por Esperanza Mara, soprano.

 

PROGRAMACIÓN:

Boiro. 

Grupo A. Martes ás 18:30 horas no Centro Social de Boiro no local Leñaverde.

Grupo B. Mércores ás 16:00 horas no Centro Social de Boiro no local Leñaverde.

Escarabote. Mércores ás 17:30 horas no Centro Social de Escarabote, 1º andar, aula 1.

Cabo de Cruz. Mércores ás 19:00 horas no Centro Social de Cabo de Cruz, planta baixa.

 

INCRICIÓNS.

Concello de Boiro, Política Social 2º andar. Custe anual da actividade (2024) 6,87 euros

 

Para máis información. 

Dep. Política Social, Concello de Boiro

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

981 84 48 00 Extensión 1285

 

 

 

PROGRAMACIÓN CULTURAL MAIO | Concello de Boiro

Programación cultural do mes de Maio 2024

Maio Vintage Market. Sábado 11 de maio dende as 11:00 horas na rúa peonil de Boiro.

Romaría das Letras Galegas. Venres 17 de maio dende as 11:00 horas no Pazo de Goiáns.

Coa palabra na boca. Sábado 25 de maio no local Leñaverde ás 19:30 horas.

 

Exposición FalaRedes | "Orgullo da nosa lingua: o galego é un tesouro para compartir"

O Concello de Boiro inaugura unha exposición sobre a riqueza do galego no marco do programa FalaRedes da Xunta de Galicia. "Orgullo da nosa lingua: o galego é un tesouro para compartir" é o título da exposición que estará situada no mes de maio na rúa peonil de Boiro.

A iniciativa desenvólvese nos concellos pertencentes á Rede de Dinamización Lingüistica e en Boiro estará dende o 6 ata o 12 de maio. A mostra está composta por nove paneis que recollen as diversas peculiaridades do galego co fin de poñer en valor a súa riqueza e convidar á cidadanía a falalo.

VISITAS GUIADAS:

Martes. De 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.

Mércores. De 10:00 a 14:00 horas.

Xoves. De 16:00 a 20:00 horas.

Venres. De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Sábado. De 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.

 

Para as visitas guiadas é necesaria inscrición previa na Casa da Cultura de Boiro ou no teléfono 981 84 84 25.

 

|