Protocolo violencias | Concello de Boiro

O Concello de Boiro xunto co Centro de Información á Muller (CIM) elaboran un protocolo para a prevención das violencias machistas, sexuais e LGTBIfóbicas nos espacios de ocio en Boiro.

O documento recolle información para detectar os distintos tipos de violencia que se poden dar no ámbito do ocio nocturno co obxectivo de poder identificalas para saber como actuar e previlas. 

Descarga o protocolo AQUI

 

Violencias machistas

As violencias machistas son calquera acto que lle afecte ás mulleres polo feito de ser mulleres.

Tipos de violencia machista

  • Violencia física. Golpear, agarrar, ferir ...
  • Violencia patrimonial. Destruir obxetos persoais.
  • Violencia psicolóxica. Intimidar, ameazar ...
  • Violencia social. Controlar, limitar as relacións con amizades ou familiares...
  • Violencia ambiental. Uso da linguaxe machista, burlarse do xénero feminino...

 

Violencia LGTBIfóbicas

As violencias LGTBIfóbicas son calquera actitude, conduta, fomento, promoción ou incitación ao odio cara as persoas LGTBIQA+

Tipos de violencia LGTBIfóbicas

  • Insultos ou comentarios ofensivos
  • Burlas ou discriminación das persoas LGTBIQA+.
  • Poñer en ridículo a unha persoa.
  • Actitudes intimidatorias ou hostís.
  • Exhibición de símbolos ou imaxes.
  • Promover situacións de tensión ou provocar verbalmente a outra persoa.
  • Dicir a orientación sexual dunha persoa.
  • Menosprezo e negación da identidade dunha persoa ou negarse a chamar a unha persoa como ela quere que a chamen.
  • Cuestionar ou expulsar ás persoas pola súa expresión de xénero ou identidade.
  • Persecucións e agresións físicas

 

Violencia sexual

A violencia sexual é calquera acto que atente contra a liberdade sexual dunha persoa sen o seu consentimento.

Tipos de violencia

  • Linguaxe sexista. Miradas, ruidos...
  • Achegamento ou contacto físico.
  • Inducir a alguén a un estado de semi-incosciencia.
  • Ameazar ou chantaxear a realizar prácticas sexuais.
  • Acoso ou agresión sexual, incluído a violación.

 

 CÓMO ACTUAR?

  1. Valorar a situación á que te expós.
  2. Garante a túa seguridade e a da víctima.
  3. Se temes pola túa seguridade chama ao 112.
  4. Atende e acompaña á vítima.
  5. Transmítille calma e non a deixes soa.
  6. Acude ao servizos de urxencias sanitarias (061)
  7. Para identificar á persoa agresora recoméndalle que non se duche e que non mude a roupa.
  8. Ofrécete a colaborar coa túa testemuña e cos datos que coñezas da persoa agresora.

 

 

Muller e Saúde - marzo e abril | Concello de Boiro

O Concello de Boiro suma novas propostas ao ciclo Muller e Saúde para os meses de marzo e abril con a actividades gratuítas destinadas a informar e formar en materia de saúde en asuntos que afectan ao benestar físico e emocional da muller.

  • Premenopausia: cambios hormonais, alimentación e prevención de patoloxías | 20 de marzo, de 11.00 a 12.00 horas - Cento de Saúde de Boiro 
  • Sexualidade en mulleres adultas | 20 de marzo, de 16.00 a 19.00 horas
  • Coidados emocionais durante o embarazo e o postparto | 22 de marzo, de 16.00 a 20.00 horas 
  • Daño solar na pel, como actúa un protector solar e a necesidade de elexilo ben | 4 de abril, de 17.30 a 19.00 horas 
  • Entrenamento activo en solo pelviano | 6, 13 e 20 de abril, de 11.00 a 12.00 horas 
  • Mitos sobre a nutrición | 22 de abril de 17.30 a 18.30 horas

Todas as actividades son gratuítas e se van levar a cabo no Centro Social de Boiro. 

 

Información e inscricións 

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

981 84 48 00 ext. 1285 / 1282 

 

Xantar de Confraternidade da Terceira Idade | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra o vindeiro venres 9 de febreiro o Xantar de Confraternidade da Terceira Idade, unha cita anual para as persoas xubiladas maiores de 65 anos.

O xantar está previsto para 500 comensais e terá lugar o venres 9 de febreiro ás 14.00 horas no pavillón de Barraña con música e baile. 

O prezo da comida será de 25 euros e poderanse inscribir no mesmo prazo as persoas empadroadas e non empadroadas maiores de 65 anos ou que acrediten a condición de xubilación. Poderase efectuar o pago con tarxeta no momento da inscrición e tamén se poderá facer a reserva previa de mesa.

Para inscribirse é preciso o DNI de todos os solicitantes. 

 

Prazo de inscrición 

Do martes 30 de xaneiro ao martes 6 de febreiro en horario de 10.00 a 12.00 horas no 2º andar do Concello de Boiro. 

8M, Dia Internacional da Muller | Concello de Boiro

O Concello de Boiro rende homenaxe neste 8M ás mulleres que formaron parte do equipo feminino de balonmán de Boiro nos anos 60 e 70. O manifesto institucional deste ano pon o foco nas mulleres referentes actuais e do pasado como é o caso daquelas que formaron parte do equipo feminino de balonmán nos anos 60 e 70 e Lupe Tubío como referente actual a proposta de Unión de Muchachas. 

O propio venres 8 de marzo terá lugar o acto institucional ás 12.00 horas na Casa Consistorial do Concello de Boiro e que contará coa lectura dun manifesto colectivo e a representación da performance “A Serea Mariña – Elas” de Ambar e, durante a semana, publicaranse en redes sociais uns vídeos sobre mulleres que inspiran de Boiro, unha iniciativa que forma parte do proxecto “Referentes de vida, mulleres do noso pobo” que se desenvolve con Cruz Vermella.

 

Ademais, o Concello de Boiro continúa nos meses de marzo e abril co programa Muller e Saúde con novas actividades. 

Mércores 20 de marzo, 16 a 19 horas – Centro Social de Boiro: Sexualidade en mulleres adultas

Venres 22 de marzo, 16 a 19 horas – Centro Social de Boiro: Xestión emocional durante o embarazo

Sábados 6, 13 e 20 de abril, 11 horas – Centro Social de Boiro: Entrenamento activo de solo pélvico 

 

Inscrcións e información 

Centro de Información á Muller (CIM) de Boiro 

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

981 84 48 00 ext. 1285

Muller e Saúde | Concello de Boiro

O Concello de Boiro desenvolve un novo ciclo do programa Muller e Saúde con actividades destinadas a informar formar en materia de saúde en asuntos que afectan ao benestar físico e emocional da muller.

  • Educación emocional. Técnicas de relaxación
    Luns 29 de xaneiro | 16.30 a 18.30 horas | Centro Social de Boiro 
  • Alimentación na etapa da menopausia
    Martes 20 de febreiro | 11.00 horas | Centro de Saúde 

Estas actividades desenvólvense coa colaboración do Servizo Galego de Saúde e en consonancia co cumprimento do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero.

As actividades do ciclo son gratuítas e requiren inscrición previa no Centro de Información á Muller (CIM) de Boiro mediante o enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou o teléfono 981 84 48 00 ext. 1285.

|