Programación cultural Nadal 2023 | Concello de Boiro
O Concello de Boiro organiza un programa de actividades xunto coas entidades culturais do municipio para o Nadal 2023.
Como anos anteriores o Concello de Boiro vai instalar na Praza de Galicia a xa tradicional Carpa Solidaria, onde se van desenvolver a maior parte das actividades, á que se accederá doando alimentos non perecedeiros, xoguetes ou roupa de cama para Cáritas.
PROGRAMA:
- Acendido das luces de Nadal – martes 5 de decembro (Praza de Galicia)
17.30h – espectáculo de rúa (itinerante)
19.00h – acendido coa asociación ASANOG
19.00h – actuación da EMB
19.30h – actuación Deby Silva e Pablo Vidal
- Festas de inverno Santa Baia de Boiro – 8 ao 13 de decembro
- O apalpador e a xanela do maxín nas escolas – do 13 ao 15 de decembro
- Festivais de Nadal
16 de decembro, 18.00h, Casa da Cultura de Boiro – grupo de baile tradicional Xilbarbeira
17 de decembro, 18 e 20 horas, Casa da Cultura de Boiro – escola de ballet Cen Pliés
17 de decembro, 19.00h, Centro Social de Cespón – grupo tradicional Abeloura
19 de decembro, 16.00h, Casa da Cultura de Boiro – The English Study Center
20 de decembro, Casa da Cultura de Boiro – festival do CEIP Abanqueiro
21 de decembro, 19.00h, Casa da Cultura de Boiro – festival da Escola de Música de Boiro
21 de decembro, Centro Social de Cabo de Cruz – festival do CEIP Santa María do Castro
30 de decembro, 17.00h, pavillón da Cachada – festival Pedra da Aroña
- II Festa da Cultura Solidaria – 23 de decembro (Carpa Solidaria)
11.30h – DJ Matrek en sesión infantill
13.00h – The Crooners en sesión vermú
16.00h – Escola de Música de Boiro + escolas convidadas
18.00h – chocolatada Turbina
19.00h – Aldara e Casal
20.00h – Leite con Jalletas
21.00h – The Cuncas
23.00h – DJs Cabinamóvil
- Teatro e danza (Carpa Solidaria)
26 de decembro, 18.30h – a xogar cos trasnos de Nadal
27 de decembro, 18.30h – a bailar no Nadal
27 de decembro, 20.00h – ballet Pedra de Aroña
28 de decembro, 18.30h – ballet Cen Pliés
29 de decembro, 18.30h – “Elfos en prácticas” Témola Teatro
- Obradoiro de realidade virtual (local Leñaverde do Centro Social de Boiro)
Do 26 ao 30 de decembro e 2 e 3 de xaneiro en horario de 11.00 a 13.30 horas e de 16.00 a 19.00 horas
- Pop-Up DaRía Luv (Centro Social de Boiro)
28 e 29 de decembro, de 11 a 13.30 horas e de 16.00 a 21.00 horas - Exposición, mercado e música.
- Concertos (Carpa Solidaria)
29 de decembro, 20.30h – As Lens
30 de decembro, 22.00h – Broken Peach
- Mercadiño solidario (Turbina, Foro Ecolóxico de Boiro, Cruz Vermella Boiro, ASANOG, Cáritas Boiro, DaRia LUv, Diane Onlooker, Marita Sancosmeiros)
2 de xaneiro, 18.00h – apertura do mercado de Nadal na Carpa Solidaria
2 de xaneiro 18.30h – actuación dos grupos Abeloura e Aroña
3 de xaneiro. 12.00h – minidisco Barafunda
3 de xaneiro, 18.30h – actuación Xilbarbeira e Abanqueiro
3 de xaneiro, 19.30h – foliada de peche
- Concerto Daby Silva cuartet
4 de xaneiro, 21.00 horas – Carpa Solidaria
- Ruta das raíñas magas polas parroquias
- Cabalgata de Reis