Ordenanzas municipales

Calendario fiscal do Concello de Boiro para o cobro dos tributos municipais no exercicio 2024. 

 

O BOP núm. 21 do luns 29 de xaneiro de 2024 publica o anuncio de aprobación definitiva da ordenanza fiscal reguladora da taxa polo servizo de cemiterios. 

 

O BOP núm. 103 do 29 de maio de 2024 publica a aprobación definitiva da Ordenanza reguladora do prezo público polo servizo de recarga de vehículos eléctricos. 

O documento íntegro pode descargarse AQUI

 

O BOP núm. 73 do 15 de abril de 2024 publica a aprobación definitiva da Ordenanza de circulación do Concello de Boiro. 

O texto íntegro pode consultarse AQUI

 

Entrada en vigor

Aos 20 días da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia

 

O BOP núm. 60 do 25 de marzo de 2024 publica a aprobación definitiva da Ordenanza municipal reguladora do estacionamento e pernoita de autocaravanas, vehículos camper e caravanas. 

O texto da ordenanza pode consultarse AQUI

 

O BOP núm. 73 do 15 de abril de 2024 publica a aprobación definitiva da modificación do Regulamento de funcionamento de préstamo de axudas técnicas do Concello de Boiro. 

O texto íntegro pode consultarse AQUI

 

Entrada en vigor

Aos 20 días da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia

O BOP núm. 2 do martes 2 de xaneiro de 2024 publica a aprobación inicial do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) do Concello de Boiro. 

O período de información pública para a presentación de reclamacións e suxerencias é de 30 días. 

O BOP núm. 74 do 19 de abril de 2023 publica a aprobación definitiva da Ordenanza municipal de emerxencia social do Concello de Boiro. 

Descarga o documento íntegro aqui

Calendario fiscal do Concello de Boiro para o cobro dos tributos municipais no exercicio 2023. 

 

 

O BOP núm. 166 do 1 de setembro de 2022 publica a aprobación definitiva da Ordenanza Fiscal reguladora da taxa por dereitos de exame do Concello de Boiro. 

Descarga o documento íntegro aqui

O Pleno do Concello de Boiro, na sesión celebrada o 9 de xuño de 2022, acordou aprobar inicialmente a Ordenanza para o uso da lingua galega no concello de Boiro. 

O Boletín Oficial da Provincia núm. 114 do 16 de xuño de 2022 publica o anuncio de exposición pública. 

A exposición pública é de 30 días hábiles, durante os cales as persoas interesadas poderán revisar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas. 

O expediente poderá ser consultado no departamento de Tesourería de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 horas ou na sede electrónica do Concello, dispoñible AQUI

O Concello de Boiro somete a consulta pública o borrador da Ordenanza fiscal para o cobro por ocupación do dominio público derivado do uso dos caixeiros automáticos. 

Prazo: 15 días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación na web (02/03/2022) 

Forma de participación: a través do enderezo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 

Calendario fiscal do Concello de Boiro para o cobro dos tributos municipais no exercicio 2022. 

O Concello de Boiro, co obxectivo de defender un maior compromiso coa igualdade de oportunidades real e efectiva, elabora o seu III Plan de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes (PIOM) 

O BOP núm. 50 do 15 de marzo de 2022 publica a aprobación definitiva da Ordenanza de Medio Ambiente do Concello de Boiro 

Consulta o texto aqui

 

O BOP núm. 14 do 21 de xaneiro de 2022 publica a aprobación definitiva do Regulamento do Viveiro de Empresas do Concello de Boiro e do espazo Coworking Lab Barbanza. 

Descarga o documento. 

O Concello de Boiro, na sesión plenaria ordinaria celebrada o 10 de setembro de 2020 acordou modificar o acordo do Consello Escolar Municipal, publicado no Boletín Oficial da Provincia o 11 de xuño de 2012. 

Consulta as modificacións do regulamento na publicación do BOP

Descarga o regulamento completo

Ordenanza fiscal nº 26, reguladora de la tasa por el servicio de limpieza de parcelas, solares y edificaciones.

|