APRAZAMENTO do Pleno ordinario do mes de novembro de 2025 | Concello de Boiro
O Pleno do Concello de Boiro, en sesión extraordinaria realizada o 27 de xullo de 2023, acordou en base ao previsto no artigo 20 do ROM, que o Pleno celebrará sesión ordinaria no salón de sesións con periodicidade mensual, todos os terceiros xoves non festivos de cada mes ás 20:00 horas.
O artigo 20 do ROM faculta ao alcalde por propia iniciativa e por causa xustificada para variar o día ou a hora nalgunha sesión, comunicándoo aos interesados e publicándoo no taboleiro de anuncios coa maior anticipación posible, tendo sempre en conta a dispoñibilidade de todos os membros da Corporación para facilitar a súa asistencia.
Tendo en conta a necesidade de rematar a tramitación de expedientes administrativos, coa imposibilidade de que dita tramitaciónsexa completada coa antelación suficiente para que os/as concelleiros/as da corporación poidan examinalos de forma axeiteda resolvese ADIAR de maneira excepcional a sesión plenaria ordinaria correspondente ao mes de novembro para o xoves 27 de novemebro de 2025.