Campaña solidaria de xoguetes

Nadal 2015

O Concello de Boiro, a través do seu Departamento de Servizos Sociais, ven de prestar a súa colaboración para facer posible a Campaña Solidaria de Xoguetes Nadal 2015. Dita campaña foi posible tamén grazas á academia The English Study Center, que aportaron para este fin 1.191,20 euros recadados de maneira solidaria no festival de nadal que realizaron os seus alumnos o pasado 16 de decembro de 2015, así como a Soom Management-piscina municipal de Boiro e a xoguetería Tiko Doco.

|