Declaración Institucional do Concello de Boiro en apoio ao pobo ucraíno

O Concello de Boiro sumase aos actos en solidariedade co pobo ucraíno que está a sufrir as consecuencias da invasión militar de Ucraína por parte de Rusia. E mostra o seu apoio a toda a poboación que está a sufrir, de maneira directa e indirecta, as tráxicas consecuencias desta guerra.

A corporación local de Boiro mostra así o seu respecto polo dereito internacional que foi vulnerado, así como polas accións encamiñadas á convivencia democrática, en defensa da legalidade e dos dereitos humanos, coa petición dun inminente alto o fogo e a retirada das tropas rusas de Ucraína.

Con esta declaración o Concello de Boiro mostra o seu apoio para que se realicen os esforzos necesarios para mobilizar recursos a fin de acoller a refuxiados provintes de zonas de conflito e pon a disposición de entidades e institucións a axuda que precisen para a acollida de cidadáns ucraínos que se ven na obriga a abandonar o seu país.

O Concello de Boiro mostra o seu firme rexeitamento e condena a esta e a outras guerras, así como a calquera acción que atente e vulnere os dereitos humanos.

|