Mostra: Madeira de Escultor

arturo

EXPOSICIÓN ESCULTÓRICA CENTRO SOCIAL DE CABO DE CRUZ

 A gran paixón deste autor, desde moi pequeno, foron as artes, e en especial o debuxo a lapis e tinta e traballar coa madeira. Dende o 2011 Arturo Vicente Potel   converteuse no alumno e amigo do escultor  Jontxu  Argibay. Desde ese intre  os seus traballos realizados perfecciónanse día a día, e tras estes anos traballando , hoxe na sala do Centro Social de Cabo de Cruz, baixo o título “Madeira de Escultor” pódese ver  o reflexo dese gran interese e paixón en forma de escultura e debuxos.

A inauguración terá lugar o venres 13 de abril  do 2018 ás 20:00h.

A exposición permanecerá aberta ao público durante todo o mes abril no horario oficial do Centro Social de Cabo de Cruz.

|