Industria Musical: Produción de Festivais Musicais
A Fundación Paideia Galicia organiza este verán un curso de Industria Musical: Produción de Festivais Musicais, que se vai desenvolver nos municipios de Boiro e A Pobra do Caramiñal.
A actividade ten como obxectivo achegar á mocidade aos axentes que interveñen na produción dun evento musical mediante a formación práctica e grupal e a titorización e orientación individual.
Hai un máximo de prazas de 25 participantes.
Datas:
Do 7 de xullo ao 3 de setembro de 2020
Lugar:
Centro Social de Boiro
A Pobra do Caramiñal
Duración:
82 horas de formación grupal
10 horas de titorización individual
Información:
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
981 81 70 00
606 026 202