Cabalgata de Reis | Concello de Boiro

O Concello de Boiro organiza este ano unha ruta por todas as parroquias do Concello para que os nenos e nenas do municipio non queden ver ás SSMM os Reis Magos de Oriente. As circustancias actuais derivadas da situación sanitaria provocada pola Covid-19 impiden que a Cabalgata de Reis se celebre como todos os anos, pero a Concellaría de Cultura de Boiro organizou un percorrido para que todos os nenos e nenas teñan a oportunidade de entregar a súa carta aos reis cumprindo coas medidas de seguridade e hixiene decretadas polas autoridades sanitarias.  

Como cada ano, a organización conta coa colaboración da veciñanza de Lampón que vestirá ás SSMM e Autos R. Outeiral que serán os encargados de levar o Bus Real. 

O Bus Real vai percorrer todas as parroquias do municipio no seguinte horario: 

12.00 horas - Cures (na praza da Igrexa) 

13.00 horas - Macenda (na Igrexa, a carón do campo de golf)

14.00 horas - Bealo (na Igrexa de Bealo) 

16.00 horas - Cespón (na praza de San Roque) 

17.00 horas - Abanqueiro (xunto o Centro Social)

18.00 horas - Cabo de Cruz (a carón da Lonxa)

19.00 horas - Boiro (Praza de Galicia)

20.00 horas - Escarabote (na Igrexa de Lampón) 

21.00 horas - misa na Igrexa de Lampón coa presenza das SSMM os Reis Magos de Oriente

 

Rógase a todas as persoas asistentes que eviten as aglomeracións, que so acuda un familiar por neno/a e que non se fagan desprazamentos a outras parroquias para a visita dos Reis Magos. 

O uso de máscara, a desinfección de mans e o mantemento da distancia de seguridade son obrigatorios durante a visita das SSMM. 

|