Letras Galegas 2024 | Concello de Boiro

 O Concello de Boiro, xunto coa Asociación Cultural Barbantia, organizan o vindeiro venres 17 de maio a XIII Romaría das Letras que terá lugar no Pazo de Goiáns.

Participan nesta edición da Romaría das Letras AdaNegra, Suse Geto, Sonagasallo, Palilleiras Revolteir@as, Che Tembra, Pedra de Aroña, Grupo de Baile de Abanqueiro, Xilbarbeira, Abeloura, Alana trío, Os Melidaos, DJ Misa, Grupo de teatro Airiños de Rianxo, Marta Ríos, Xulio Gutiérrez Roger, Editorial Cuadranta, Edicións Xerais, Editorial Ministerio de Cultura e Deporte, Libraría NOBEL de Boiro, Libraría LER da Pobra do Caramiñal.

 

PROGRAMACIÓN:

11:30h -- Apertura recinto e recibimento de participantes da XIII Romaría das Letras no Barbanza.

12:00h -- Apertura de:

  • Feira artesá e literaria
  • Fotocol con roupa tradicional cortesía da asociación Xilbarbeira
  • Exposición dedicada a Luisa Villalta, autora homenaxeada co Día das Letras Galegas 2024
  • Obradoiro de ourivería con Susi Gesto.

12:30h -- Roteiro botánico pola leira do Pazo de Goiáns a cargo de Xulio Gutierrez Roger.

13:30h -- Concerto no interior do Pazo a cargo de ALANA trío.

14:30h -- Xantar popular con pulpeira 

16:30h -- Apertura institucional e presentacións literarias no interior do pazo:

  • Presentación literaria infantil: Carmen e a serea mariña, de Ana Rial (Editorial Cuadranta) 
  • Presentación do libro Iribarne, de Ester F. Carrodeguas(Edicións Positivas) e actuación do grupo de teatro Airiños.
  • Presentación do libro Alma de violino, das autoras Beatriz Maceda, Eli Ríos e Laura Suárez (ilustradora) Edicións Xerais

19:00h -- Concerto de Os Melidaos no interior do Pazo

22:00h -- Remate da XIII Romaría das Letras no Barbanza

 

 

 

|