Programación Entroido 2025 | Concello de Boiro
O Concello de Boiro organiza un programa completo de actividades para o Entroido 2025 que conta coas propostas de entidades do municipio para facer un programa pensado para todos os públicos e grupos de idade.
PROGRAMACIÓN:
Xoves 27 de febreiro
Xoves de abadesas en Cabo de Cruz
Venres 28 de febreiro
Venres de abadesas en Boiro
Charanga imperial pola rúa peonil
Sábado 1 de marzo
19.00h – Entroido da Boliña “XVI festa da orella” (organiza: Comisión de Festas da Boliña)
23.00h – Festa de Entroido (organiza Peñas Boiro AC) na Praza de Galicia
Domingo 2 de marzo
17.00h – desfile infantil pola rúa peonil (saída da Praza da Mancomunidade)
18.00h – chocolatada na Praza de Galicia
18.30h – festa familiar con DJ Matrek na Praza de Galicia
Martes 4 de marzo
18.00h – desfile e concurso de Entroido con Batucada Cadabatú, As da Boina, A Dorniña de Abanqueiro e DJ Matrek
Domingo 9 de marzo
Día dos enterros: Farruco de Cabo, Cunca de Praia Xardín, O Óso de Abanqueiro, Felipiño de Escarabote e entroido crucense.