Cabalgata de Reis 2026 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro, xunto coa Asociación Comisión Parroquial de Santiago de Lampón, organizan un ano máis a Cabalgata de Reis que terá lugar o vindeiro luns 5 de xaneiro de 2026.

A saída da comitiva real está prevista para as 18.00 horas da Magdalena e dirixirase a Boiro por Ponte Goiáns e chegará á Praza de Galicia pola rúa Principal. Na Praza de Galicia haberá unha gran recepción ás SSMM os Reis Magos de Oriente, onde todos os nenos e nenas terán oportunidade de pedirlle os regalos de última hora. A comitiva regresará, como de costume, a Escarabote e rematará o percorrido na Agramuíña.

Para garantir a inclusión, a cabalgata contará cun tramo sen ruído e sen luces, que se fará na rúa Principal, no tramo comprendido entre as interseccións coa Av. de Compostela e a rúa Salvador Allende.

A comitiva está formada por 8 carrozas, incluídas as do tres Reis Magos, o nacemento e os camelos. Contará tamén con animación musical a cargo da banda OJE de Ferrol, o grupo Arume, Os Caraveiros e a charanga Equipo B.

Para a recepción das SSMM, na Praza de Galicia haberá preparada unha gran festa con chocolatada e animación con DJ Matrek dende as 17.30 horas.

 

Como xa é tradición, as Raíñas Magas adiantaranse ás SSMM e visitarán todas as parroquias do municipio o domingo 4 de xaneiro durante todo o día facendo o seguinte percorrido:

11.30h - Abanqueiro (Centro Social) 
12.30h - Cespón (Casa dos veciños) 
13.30h - Bealo (unitaria de Ponte Beluso) 
16.00h - Macenda (Campo de Golf) 
17.00h - Cures (Centro Social) 
18.00h - Escarabote (Centro Social)
19.00h - Cabo de Cruz (Centro Social) 
20.00h - Boiro (Praza de Galicia) 

|