Romaría das Letras 2026 | Concello de Boiro
O Pazo de Goiáns acolle o vindeiro 17 de maio a XV edición da Romaría das Letras que organiza o Concello de Boiro e AC Barbantia para conmemorar o Día das Letras Galegas 2026.
PROGRAMA:
11.00h – apertura de portas e recibimento de participantes na XV Romaría das Letras no Barbanza
11.30h – mercado de artesanía e literatura cos stands dos colectivos colaboradores e a exposición dedicada a Begoña Caamaño, homenaxeada co Día das Letras Galegas 2026
12.00h – baile galego na eira do Pazo con Xilbarbeira e Abanqueiro
13.00h – concerto sesión vermú con Maricarme no xardín do Pazo
14.00h – xantar popular amenizado polos Pequenos do Barbansa
16.00h – zona infantil con Muidinho Cooperativa no pombal do Pazo
16.00h – presentacións institucionais no interior do Pazo
16.15h – presentacións literarias a cargo da AC Barbantia:
- “Elas” de Xulio Gutierrez. Taller creativo coa ilustradora Lucía Cobo (Editorial Kalandraka)
- “A Compostela de Begoña Caamaño” de Encarna Otero (El Patito Editorial)
18.00h – baile galego na eira do Pazo con Aroña e Abeloura
19.00h – concerto con Os D’abaixo na eira do Pazo
21.00h – remate da XV Romaría das Letras no Barbanza
