Camiñadas do verán 2017

Venres 7 de xullo ás 21:00 h.

Este venres comezan as camiñadas nocturnas de verán programadas por Turismo de Boiro. A primeira das rutas, Ruta Monte da Boliña é un percorrido de 9 km e duración estimada de 2 horas e media, que ten o punto de partida na Praza de Galicia ás 21.00 As seguintes rutas están programadas para os venres do mes de Xullo: Ruta Monte das Aldeas, Senda do Litoral de Boiro e Ruta Boiro e ofrecen unha variada paisaxe do municipio. A ruta ten unha cota de inscrición de 3.00 euros. Poden anotarse na Oficina de Turismo de Boiro, no mail Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou no teléfono 981842654. Oficina de Turismo. Praza de Galicia, s/n.

|