XIX carreira popular Mar de Boiro. 17º memorial Pepe Buceta | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra o vindeiro 1 de decembro a XIX edición da carreira popular Mar de Boiro. 17º memorial Pepe Buceta. 

A proba está incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo e forma parte do VII Circuíto de Carreiras de Barbanza Arousa e do X Circuíto Provincial de Carreiras da Deputación da Coruña. 

 

Consta de tres categorías distintas

Mini e Supermini - 200 metros para idades ata os 7 anos (saída ás 10.40h da rúa Peonil) 
2 saídas: Mini (2016-2017-2018) e Supermini (2019 e posteriores). Saída a 200 metros da liña de meta, ao comezo da rúa peonil. O horario da saída será ás 10:40h. Os pais poden correr cos cativos da proba Supermini, pero farano ao final do pelotón, para non entorpecer aos cativos máis rápidos. Deste xeito, os inscritos na carreira longa poderán correr cos fillos na carreira Supermini antes da súa proba.

Escolares - 2.500 metros (saída ás 11.05h da rúa Principal) 
Saída 5 minutos despois da categoría absoluta, na rúa Principal, fronte ó edificio do concello. Baixada pola rúa Principal ata o cruce da Avda. Constitución (despois do cruce da Avda. Compostela). Collemos a esquerda pola Avda. Constitución, pasamos a rotonda do cruce ca Avda. Compostela e seguimos subindo toda a Avda. Constitución, pasando a rotonda da ancla e chegando á rotonda do cruce de Abanqueiro. Volta á rotonda, subida ata a rúa Estatuto de Galicia e baixada todo recto ata entrar na meta na rúa peonil, na parte de atrás do edificio do concello.

Carreira longa - 10.000 metros para categoría xeral (saída ás 11.00h da rúa Principal) 
Saída na rúa Principal, fronte ao edificio do concello. Baixada pola rúa principal ata o cruce da Avda. Constitución (despois do cruce da Avda. Compostela). Collemos á esquerda pola Avda. Constitución ata a rotonda da Avda. Compostela, torcendo á dereita en dirección a Praia Xardín. Ao final da Avda. Compostela torcemos á esquerda, entrando no paseo marítimo. Percorrido por todo o paseo marítimo ata o final do mesmo, no Saltiño. Sáese á Avda. Barraña e a 50 metros xa se colle o cruce á esquerda para subir pola Pedra da Bouza ata a Rotonda da Sestelo. Séguese pola estrada ata Triñáns e ao final torcemos á esquerda en dirección a Abanqueiro. O percorrido polas estreitas rúas de Triñáns lévanos ata a rotonda do cruce que vai para a praia de Mañóns, torcendo a dereita e dirixíndonos ata esta praia. De Mañóns seguimos a estrada ata o cruce preto da Charca de Abanqueiro. Ao final da Charca, collemos á esquerda para subir toda a recta do campo de fútbol de Abanqueiro ata chegar a Exipto, continuando recto pola estrada que pasa por Brión e, ao pasar San, torcemos á dereita en dirección á Boliña, ata chegar ao cruce ca Avda. Constitución. Aquí collemos á dereita en dirección á rotonda de Espiñeira, onde se fará un cambio de sentido (sen chegar a bordear a rotonda) para volver a baixar pola Avda. Constitución, torcemos á dereita no primeiro cruce para baixar pola rúa Estatuto de Galicia (onde está Correos) todo recto ata entrar na meta na rúa peonil, na parte de atrás do edificio do concello.

 

Inscricións abertas ata o xoves 28 de novembro ás 23.59 horas emesports.es

 

 

|