Preinscrición actividades Servicios Sociais | Concello de Boiro

O Concello de Boiro, a través do departamento de Servicios Sociais, propón a realización de actividades dirixidas a sectores específicos da
poboación.

A proposta de actividades estaría destinada a persoas con diversidade funcional e outra de musicoterapia para persoas maiores.

 

Programa Universo Diverso 

Actividades de ocio para persoas con diversidade funcional maiores de 16 anos.

 

Actividade Musicoterapia 

Destinada a persoas maiores. 

 

Máis información e preinscricións 

Departamento de Servicios Sociais do Concello de Boiro

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. 

Escola de emocións: o medo | Concello de Boiro

O Concello de Boiro, a través do departamento de Servicios Sociais, impulsa unhas actividades co fin de traballar sobre o medo, a emoción da que parten todas as demais. “Escola de emocións” ten como finalidade aprender a coñecer e afrontar o medo.

As xornadas terán lugar os venres do mes de febreiro de 2023 en horario de 18.00 a 20.00 horas no Centro Social de Abanqueiro.

Inscricións

Entre o 2 e o 20 de xaneiro a través do rexistro xeral do Concello de Boiro.

Servizo de estimulación terapéutica Agadea

A Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia Tipo Alzhéimer (Agadea) retoma en Boiro o servizo de estimulación terapéutica. 

As actividades que se van levar a cabo están dirixidas á orientación á realidade, estimulación da memoria recente e da memoria a longo prazo, laborterapia, psicomotrocidade, xerontomasia... 

O servizo vaise levar a cabo no Centro Social de Abanqueiro os luns, mércores e venres en horario de 15.30 a 18.30 horas. 

 

Persoas destinatarias

- Persoas maiores con deterioro cognitivo 

- Persoas con demencias neurodexenerativas (enfermidade de Alzhéimer, frontotemporal, cuerpos de Lewy, etc.) 

 

Obxectvos das terapias

- Retardar o deterioro da enfermidade. 

- Traballar a memoria, a orientación, a linguaxe, o cálculo, etc. 

- Mellorar a calidadde de vida e as relacións interpersoais. 

 

Profesionais que interveñen

- Persoal de fisioterapia. 

- Persoal de psicoloxía. 

- Xerocultor/a

- Persoal de educación social. 

 

Máis información

Departamento de Servicios Sociais do Concello de Boiro 

Tel. 981 84 99 60

Agadea 

Tel. 672 705 053

Mail. Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. 

Boirenses Viaxeiros | Concello de Boiro

O Concello de Boiro, a través do departamento de Servicios Sociais, abre o prazo de solicitude para programar actividades no marco do programa Boirenses Viaxeiros. 

Os Servicios Sociais, da man de Cruz Vermella, comezaron este ano a realizar saídas para que as persoas maiores coñezan outros lugares de Galicia. Unha iniciativa que se extendeu a outras asociacións veciñais e que realizaron viaxes durante o ano. 

A partir deste mes de decembro ábrese o prazo para que as entidades sociais e asociacións veciñais fagan as súas propostas e solicitudes de viaxes para o programa de Boirenses Viaxeiros 2023.

As solicitudes deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Boiro. 

Descargas:
Download this file (SOLICITUDE.doc)SOLICITUDE.doc

Programa Xuntos polo Nadal

O deparamento de Servicios Sociais do Concello de Boiro informa do prazo de inscrición do programa Xuntos polo Nadal que desenvolve a Consellería de Política Social e Xuventude a través da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria. 

O programa está destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circustancias. 

As actividades vanse levar a cabo entre o día 23 de decembro de 2022 e o día 7 de xaneiro de 2023 en dúas quendas de 8 días cada unha. A primeira quenda terá lugar entre o 23 e o 30 de decembro e a segunda entre o día 31 de decembro e o 7 de xaneiro. 

 

Inscricións

No departamento de Servicios Sociais do Concello de Boiro, nos centros de atención social ou en sede.xunta.gal ata o vindeiro 28 de novembro. 

 

Máis información no 900 333 666

|